Anque moitas cousas pasaron un dez de decembro, para min, hoxe, é o meu cumpreanos. 27 nada máis. Tampouco os levo tan mal, non?
Grazas a todos e todas os que vos lembrastes de min e atopastes un ratiño para me dedicardes… María, Nuria, Aida, Lucía, Jesús (foi o primeiro!), María e Ana, Carlos Lei, Dani, Fran Pi, Xabi Carrajo, Xabi Blanco, Sabela, Anxo, David Sánchez, Belén, Asun, María (de novo)… Grazas tamén aos que non atopastes un rato, e aínda así vos lembrastes (dígoo en serio, non é en absoluto reproche ningún).
E que fixen hoxe? Erguerme ás 5 e pouco, para vir dende Ferrol a traballar; traballar de 7 a 3; abrir a porta de casa para atopar á miña nai e a miña irmá María coa tarta e as velas (en número, que se cadra non daban tantas velas para tan pouca tarta); xantar en compaña da miña mamá, que me esperou por ser hoxe o día que é; e descansar!! (Deixei, por iso, para mañá algúns recados e tarefas que programara na miña axenda. Ben o merezo, que non tódolos días estou de cumpreanos; xa me perdoei e asignei a penitencia axeitada). Dixen xa que me erguín ás 5 da mañá? Tiña algo de sono…
E isto, porque onte estiven investigando blogues en galego e o atopei. Vía o blog dos pelachos:
A bisavoa María morreu hai dúas semanas aos 99 anos. Creo que viviu feliz toda a vida e non podo imaxinar que algunha vez tivese algún mal pensamento para ninguén. Foise apagando ao longo dunns pouquiños meses como unha candea que un ar de orixe incerta acaba por extinguir. Nunca estivo enferma e até hai ben poucos anos aínda ía a compra e facía a comida para todos os da casa.
Hai poucos días o primo Pedro, de cinco anos, preguntoulle á súa avoa, filla da avoa María:
-¿Y la abuela se murió de verdad?
-Sí, neniño.
-¿Y ya no vamos a verla nunca más? ¿No va a volver?
-No, neniño, ahora está en el cielo.
Entón o primo Pepe, de once, que tamén andaba por alí, engadiu todo contento:
-¡Qué contento debe de estar el abuelo después de tanto tiempo sin verla!
PD: Grazas mil, María, por ser a primeira en participares. E Fran, grazas por pedir actualización. Eis a tés.