Hoxe case non chego!

Ai, non, amiguiños, hoxe case non chego! A cousa foi que estiven tratando de recuperar os datos dun arquivo de access para un dos sitios onde estou traballando, e como todo o software nese sentido é de pago, pois hai que buscar a vía “piratilla”. Iso acaba por non ser bo, que metes a man para ver se atopas algo e a sacas chea de viruses e vermes e quen sabe qué máis.

E velaí, que iso foi o que me pasou. Estiven toda a tarde para recuperar o meu computador da invasión dun verme que non facía máis que bloquearme o antivirus (que listo estivo aí o condenado!) e reproducirse a esgalla. Pero un non traballa de informático por nada, e o meu kung-fu foi mellor que o seu. Gañei esta partida, e coideime de non volver a xogala, agora teño que dicir no traballo que se queren recuperar o .mdb, a pagar tocan.

Para cando puiden volver por aquí, vin isto, e me deron ganas de dedicarme a fozar no ordenador por fóra. Mañá hei de ir á aldea a fedellar nos cacharros que teño no meu taller (informático, por suposto), e se atopo as materias primas, só hei de seguir as instruccións

O que dá de si o tempo libre…

4 reflexións sobre “Hoxe case non chego!

  1. María

    Hola chico ¿qué tal?

    Se ve que te tomaste en serio nuestras peticiones de actualización, jej. ¿De verdad te vas a hacer un ordenador de R2D2? Creo que tanto ordenador-virus-servicio técnico te está afectando!!

    Tengo que reconocer que el tío se lo curró, y encima cuelga el tutorial paso a paso, mi má, trabajo de chinos!! Pues nada, si te animas ya nos enseñarás el resultado final.

    Bicos!!

  2. Fran

    Ay, que no me entero de nada, jajaja…

    Mira que me gustaría entenderlo, pero yo te soy de biología, química, la célula, el cuerpo humano…

    Y por cierto, enhorabuena y por supuesto, GRACIAS por actualizar.

    Nos vemos!! Apertas mil

    🙂

  3. miguelito

    hei, sei que chego aquí con algo de demora…creo que debía unha desculpa porque non son o que máis postea do mundo 😛 okei, acepto: só había 2 posts, pensei que eran máis…pero son a medalla de bronce en posteiros deste blog 😛 non está mal visto así eh! de tódolos xeitos hay que actualizar, senón non hai posts!! por certo, estiven botando un ollo ós links que tes e son abofé superchulos. ti a superalos 🙂 estás en serio construíndo o R2D2?? freak!
    vémonosssss

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.