Unha anotación bastante friki (a segunda do día, para que vexades que se me poño…). As explicacións, aquí.

Unha anotación bastante friki (a segunda do día, para que vexades que se me poño…). As explicacións, aquí.

Para comezar, unha foto curiosa, levo días querendo poñela por aquí. Ben é certo que ten que ser unha montaxe, pero gustoume moito o que me fixo quedar mirando para ela, buscando tódolos detalles para comprobar que non houbese erros. No-punto para quen atope algún erro. Eis a foto en cuestión.
E para continuar, tanda de recomendacións. Comezamos por unha película, a que me deu a idea do post de hoxe: “Guía do autoestopista galáctico”. Moi divertida, de seguro o libro tambén o é, teño gañas de lelo. 42 é a resposta ao sentido da vida, o universo e todo o demais. Segundo Douglas Adams, o escritor do libro, exploradores dunha raza de seres pandimensionais e hiperintelixentes construíron Pensamento Profundo, o segundo mellor ordenador de tódolos tempos, para calcular o sentido da vida, o universo e todo o demais. Despois de sete millóns e medio de anos meditando a pregunta, Pensamento Profundo revela a resposta: «42». E xa está, con iso teño respondido tódolos post de aquí a fin de ano, polo menos.
Un par de discos: “Beautiful Wasteland”, de Capercaillie, música celta moi chula. O outro, “Catching Tales”, de Jamie Cullum. Hai que ver a voz que ten o paisano este. Por se o vistes, á voz da rá solista (alomenos na versión orixinal) en “Descubriendo a los Robinson”. Mooola.
Un libro en galego: “Trece Badaladas”, de Suso de Toro. É unha novela de misterio, que descubrín moi ben escrita (tendo en conta que a referencia que tiña de Suso de Toro era “Tic Tac”, de cando estudaba BUP), case coma un guión de cine, e engancha até a última páxina. Recomendable 100%.
E recomendando unha web, a de Historias de la ciencia. Simplemente xenial.
Nada máis por hoxe, quedo á espera de que me digades algo máis que recomendar.
Un saúdo!!