42!

Para comezar, unha foto curiosa, levo días querendo poñela por aquí. Ben é certo que ten que ser unha montaxe, pero gustoume moito o que me fixo quedar mirando para ela, buscando tódolos detalles para comprobar que non houbese erros. No-punto para quen atope algún erro. Eis a foto en cuestión.

foto dentro de foto dentro de foto dentro de…  

E para continuar, tanda de recomendacións. Comezamos por unha película, a que me deu a idea do post de hoxe: “Guía do autoestopista galáctico”. Moi divertida, de seguro o libro tambén o é, teño gañas de lelo. 42 é a resposta ao sentido da vida, o universo e todo o demais. Segundo Douglas Adams, o escritor do libro, exploradores dunha raza de seres pandimensionais e hiperintelixentes construíron Pensamento Profundo, o segundo mellor ordenador de tódolos tempos, para calcular o sentido da vida, o universo e todo o demais. Despois de sete millóns e medio de anos meditando a pregunta, Pensamento Profundo revela a resposta: «42». E xa está, con iso teño respondido tódolos post de aquí a fin de ano, polo menos.

Un par de discos: “Beautiful Wasteland”, de Capercaillie, música celta moi chula. O outro, “Catching Tales”, de Jamie Cullum. Hai que ver a voz que ten o paisano este. Por se o vistes, á voz da rá solista (alomenos na versión orixinal) en “Descubriendo a los Robinson”. Mooola.

 Un libro en galego: “Trece Badaladas”, de Suso de Toro. É unha novela de misterio, que descubrín moi ben escrita (tendo en conta que a referencia que tiña de Suso de Toro era “Tic Tac”, de cando estudaba BUP), case coma un guión de cine, e engancha até a última páxina. Recomendable 100%.

 E recomendando unha web, a de Historias de la ciencia. Simplemente xenial.

 Nada máis por hoxe, quedo á espera de que me digades algo máis que recomendar.

Un saúdo!!

2 reflexións sobre “42!

  1. Fran

    Ole, ole, así me gusta, crítica musical e literaria…

    Grazas por amosarno-la túa opinión!

    Apertas mil

    (Por certo, xa teño internete no piso!!)

  2. María

    Hola chico ¿qué tal?

    Un par de días sin conectarme y ya me pierdo 4 actualizaciones!! Cómo se nota el turno de noche, la de tiempo que deja libre… Pues la foto sí que tiene su coña, tenemos que hacer una igual, jej, y la peli a mi también me gustó, es un poco rara, todo hay que decirlo, pero está bien.

    Pos nada más, que no te hagan trabajar mucho y ya hablaremos mañana.

    PD: Saludos para Fran, que como no tengo fotolog pues no puedo comentar en el suyo, pero que muchos besos y que esperamos que estes ya ubicado, que dentro de nada estamos ahí para hacerte una visitilla!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.