Hoxe estiven navegando para encher de cousiñas o blog durante tres días, pura preguiza. Pero así evito facer cadeas de mensaxes electrónicos, que malia que se agradecen ás veces, outras non tanto. En principio aínda me queda por engadir os meus comentarios propios, eses si van ser “en vivo”, pero o resto, o contido, está todo buscado. Por exemplo…
Atopei un verdadeiro reloxo en binario, ilumínase segundo cada caracter da hora sexa potencia de 2. Déixovos a só ligazón (picade en “reloxo en binario”), para que o vexades vós mesmos, que cun reloxo friki por blog abonda. Este tema debería ir na categoría “friki”, e de tela, na “super friki”, para que logo diga María que o outro reloxo era complicado.
Atopei esta flipada, mañá vou traerme as pilas e o cd ao traballo, pillo unha lata na máquina e me vou pasar a noite facendo levitar a tarxetiña… Levo como vinte minutos mirando o vídeo e pensando “non pode ser… non pode ser… non pode ser…”. Dicídeme se tamén vos pasa a vós, por favor.
Atopei unha calculadora do valor do meu corpo morto, aquí. Teño que empezar a coidarme, a ver se chego até os 5000 $!!
E atopei o mellor xeito de pechar ventás. Estiven un bo rato rindo eu só. E a lectura desta frase é todo o tempo que tedes para rir vós de min. Yipee-kai yei, hijos de p***

Mañá, máis. Prometido.
PD: por certo, desfrutade por min estas noites todos os que acabastes os exames. Noraboa polo esforzo!!