Seguimos con máis cousiñas de internete, das que atopei o venres e quixen que estiveran por aquí. Mañá espero cambiar o estilo dos post destes días, pero todo se andará.
Para comezar, da mesma páxina que o traductor de R2D2, a resposta ao Que pasou o día que naciches (en inglés). Aí podes ver que día da semana era, o número 1 das listas de éxitos musicais en EEUU e Reino Unido, persoeiros importantes que naceron o mesmo día ca ti… E despois ten o “que pasou… no ceo”, coa situación da lúa aquel día e a chea de signos zodiacais que tés, e incluso o que “pasou… noutros planetas”, onde te di a idade que terías de ter nacido noutros planetas. Por certo, eu estou de 15 cumpreanos en Marte o vindeiro día 25de febreiro… do 2009. Entretido, moi entretido.
Un chisteciño…

E un adianto. Pasarán os anos, pero os mitos son os mitos. Velaquí un dos meus, na súa vindeira aparición, a tan desexada cuarta parte de Indiana Jones!!
E por hoxe deixo de marearvos, que estou liado co das listas de correo de cxabeiro.org. Agora parece que me carguei algo coas traduccións, porque deixou de funcionar. Seguiremos informando…
Saúdos!!