Velaquí máis cousas curiosas que atopei por internet. Hoxe estou un pouco liado, ando a traducir de inglés a galego un sistema de listas de correo para o centro xuvenil onde colaboro (do que levo a xestión da web que teño como recomendada, cxabeiro.org), e estou quedando cego de tanto código que levo visto esta noite. O sistema pinta ben, para o que o queremos empregar, se todo vai ben xa vos contarei máis adiante de como saíron os experimentos. Ben, iso, que hoxe non me lío con máis explicacións (ademais, estou un pouco enfadado, porque é a primeira fin de semana da miña moza en Coruña dende hai como 2 meses, e a min tocoume traballar, que se lle vai facer!).
A primeira cousa curiosa: un traductor… De qué a qué? De cristián a R2D2!!! Alucinante e moi divertido, por se vos preguntabades como sonaría o voso nome dito polo baixiño dos androides da guerra das galaxias. Picade aquí para empregalo.
Seguimos con frikadas míticas. O tetris. Todos xogamos algunha vez (eu aínda estou por poñerlle pilas á miña vella Game Boy para pasar estas interminables noites de guardia), pero nunca, repito: nunca, como o fai este tipo. Flipade co tío…
E para rematar, humor gráfico: nunca vos preguntastes como será unha clase de meditación para frikis? Quede constancia que en EEUU diferencian freak (que sería o noso friki das revistas, o Dantés e o das hortalizas, por exemplo) e geek (que sería o friki informático típico, o catro-ollos que sabe coma ninguén de internet e todo canto cachifallo electrónico lle caía nas mans). Non me inclúo en ningunha das dúas categorías. Ben, a tira cómica de hoxe…

Eis a traducción, por se Belén non pilla o chiste (con cariño!)
1. No explorador da vosa mente, baleirade a caché…
2. Agora borrade o historial…
3. agora navegade a unha páxina web en branco…
Bicos e saúdos! Mañá, máis.



