Porque é un mes que me gusta…
…Vén despois de febreiro, que cando estás na universidade é do máis estresante. Por iso, é o primeiro mes “tranquilo” desde decembro (para aqueles/as que coma min nos gustaba ter exames antes de Nadal), e iso é de agradecer.
…Adoita coincidir neste mes, antes ou despois, a Semana Santa, o cal volve ter o seu aquel para recuperarse en condicións da resaca de febreiro. Como podedes ver, tamén eu estiven de vacacións, que nin sequera pasei por aquí a saudar.
…Porque nel naceu ela, a que me fai devecer máis tempo libre, máis enxeño, e unha mellor capacidade para mentir… Pois con tempo libre, enxeño e pequenas mentiriñas é como se organizan en condicións as festas sorpresa. E a ela encántanlle as sorpresas, e non son moi bo preparándoas. Aínda que este ano o confesase todo antes de facer a sorpresa, sei que lle gustou.
…Marzal é o terceiro mes do ano (bonito número o tres, todo o mundo o di), e despois del xa só lle quedan outros tres cuartos. “Un ano máis… E un ano menos”, que diría o outro.
..En marzal é cando chega a primavera e os Andaina celebran a día da árbore, felicidades para eles e elas (como ADS hei de engadir: non creo que sexa o día da súa árbore, a que está en León, porque senón terían ben pouco que celebrar, jeje).
E como me gusta por todas esas razóns e algunha máis, non podo deixar que escape sen poñelo por escrito: me gusta marzo!
Pois xa cheguei tarde á actualización, que xa empezamos o mes de Abril!! Moitos bicos!!
Onde vai marzal xa… agardamos outra actualizacióóón!!!
Eso, eso…
Actualización!!