Arquivos mensuais: Abril 2008

Atopa ao home dos grans de café

Para hoxe, xogo visual… O desafío consiste en medir o tiempo que tardas en localizar ao home nos grans de café. A BUSCAR!!.

hombre_en_el_cafe.jpg

Os resultados segundo o tempo que tardaras:

– Menos de 3 segundos: A parte dereita do teu cerebro traballa moito máis rápido que a do resto de persoas.

– Entre 3 segundos e 1 minuto: A parte dereita do teu cerebro ten un rendemento dentro do normal.

– Entre 1 y 3 minutos: o teu cerebro traballa algo lento e cómpre que comas máis proteínas.

– Máis de 3 minutos: cómpre que traballes esa parte do teu cerebro un pouco máis a miúdo.

Eu non cheguei ao minuto, poñede uns 10 segundos. Por se o queriades saber, son bastante normaliño.

Rematou o descanso

Así é, benqueridos lectores e lectoras, onde queira que vos atopedes. Sabede que este humilde servidor rematou os seus días de descanso despois daquelas dúas semanas de currar sen a acostumada fin de semana no medio. E pareceume que tampouco estes catro días foron moi de descansar.

Non podo dicir moi a miúdo que me queixe por ter dous traballos… Agás esta semana. Escarallouse o servidor central da oficina onde estou de servicio técnico. Algo debeu pasar na fin de semana, porque a última vez que fora por alí non lle pasaba nada. O luns cheguei a deixar un pc ao que lle tivera que actualizar o sistema operativo, e me atopei con que o servidor estaba facendo cousas raras. Pobriño de min, intereseime por el. Como fago máis podendo sentar (e non era así na oficina), levei o servidor para a casa e alí me puxen con el. A tarde do luns paseina tratando de actualizar o sistema operativo cascado e volvendo atrás sobre os meus pasos. Tres veces. O martes desistín de todo intento de recuperación e estiven das 8’00 ás 22’00 particionando, formatando, instalando de cero, copiando, “mirrorizando” (toma new word!) co menos que amigable windows 2000 e a nai que fixo ao Bill Portas. Pero deixeino case listo. Outras 5 horas o mércores, para ter o servidor posto no seu sitio na oficina ás 14’00. Despois, e xa que estaba nesas, deume por configurar todo o parque de pc da oficina para acceder a eles por escritorio remoto (cousa que hoxe, que estou en Ferrol, agradecín enormemente). Saín da oficina arredor das 17’00, sen nada pendiente para dentro doutras dúas semanas… Espero.

E hoxe descansar, descansei. Non fixen ren. O fastidiado é que mañá de novo ao curro en Uficor. En turno de mañá… Pero para o xoves que vén, alomenos me vou dar unha alegría, que marchamos uns cantos a facer kayak polo Sil. Xa vos contarei, e se vexo que tal, poño até unha foto miña (que aínda non o fixen nunca, jeje).

Notaredes que o post de hoxe está a cabalo entre unha queixa e un desafogo. Que carallo! Tamén para iso teño un blog! (Non é que me exprese tan ben coma o /doutorpita, pero fago o que podo)

Saúdos e descanso para todos (os que poidades desfrutalo!)

Descansoooooo!!!

Por fin! Despois de dúas semanas completiñas (4 días de tarde, 2 de mañá, 1 de descanso e outros 7 de tarde), por fin remato este turno. Pido dende aquí perdón ás persoas coas que estaba onte á noite (despois de saír do curro ás 23.00), pois estaban a falar comigo i eu non daba aguantado esperto. Vos decatastes algunha vez que neses momentos somos os ases dos monosílabos?

Alguén que estaba falando: Está claro que a producción de enerxía ten que seguir outros camiños, o petróleo agótase e as renovables non dan para o nivel de vida ao que estamos afeitos, logo haberá que tirar polas nucleares, pero con sentidiño, non?

Eu: Si, claro (-toma bisílabo!- mentres o que me preocupaba era que se notase que non atendera a nada do dito) .

De novo, perdón. O luns descansarei abondo para volver a ser persoa. E agora, un chisteciño do que hei de facer estes días: PROXECTAR (Ai, que pouco me queda… que pouquiño me queda!!). Velaquí algunhas imaxes do proceso e visións dun mesmo proxecto…

como-funciona-proyecto.jpg

Sigue lendo