Arquivos diarios: 10 Xuño 2008

Feliz cumpreanos, Vali!

Que por min non quede, hoxe hai un cumpreanos e hai que festexalo.

Felicidades ao reporteiro máis dicharacheiro (ou ese era outro) dos eslayeros guays, cocreador do Im-peich mission, impagable imitador de canto profesor imitable tivemos, e estupendo debuxante zurdo. Alá polos Oviedos, entre fabes e sidrinas, e días de radio (nacional), espero que teña un rato para celebrar a cantidade tan grande de anos que cumpre hoxe.

Dende aquí, un saúdo e apertas mil, Valiño!!

cumple.jpg

 

(Non atopei fotos de suecas como as do cumpre de Pablo, síntoo!)

Que artistas!!

Ben sei que non vos son unhas actualizacións moi curradas, pero hei, eses días volverán… nalgún momento. Agora vai moito sol e estou liado de máis como para poñerme a pensar e escribir, non son quen de máis.

Onte estiven escoitando na radio galega, mentres pintaba unha sala do centro xuvenil, unha entrevista a dous blogueiros do blogomillo galego. Os tipiños actualizaban diariamente! Mi má!  Quen ten tanto de que falar?

Nada, hoxe toca nota cutre… Que o desfrutedes… E tomade o sol en lugar de ler internet!!

via: SLY Los Guays (jeje!)