Arquivos diarios: 22 Xuño 2008

Outro máis nos 28…

E nesta ocasión, tócalle a Nandito (ou Vigo, como se lle coñeceu de sempre). Grandes (e curtos, que estou no descanso de chapar para o exame de mañá) saúdos para o penúltimo tipo da miña clase dende 1º de EXB até 2º de BUP, de parte do tipo a quen lle tocaba sentar no pupitre de detrás practicamente sempre. ¿Conseguiches xa deixar as unllas largas? Que con tantos tacos xa podes, meu!!

tarjeta_cumple_1.gif

O que xa che dixen en sly: non o celebres moito se España non gaña, que co espírito deste ano, ben te podes gañar outro tipo de tiróns de orellas.

Mi má! Que espesito estou hoxe!!!! Sinto non ser máis orixinal. Tampouco teño tempo de buscar fotos de suecas, a postal esta atopeina poñendo “cumpleaños” en google, e era das primeiras. E coas suecas habería que seleccionar un pouco máis, claro…

Hala, non me enrollo máis, volvo cos diodos, transistores e demais familias (lóxicas). Felicidades, meu!!

PD: Vémonos en San Xoan na praia? Ein?