Arquivos diarios: 28 Agosto 2008

Matemáticas e alfabetos

Onte (día no que se debería ter publicado este post) falaba con María sobre a cantidade de letras que hai nas matemáticas, e no complicado que así sexa: se todo fosen números, como nos di a xente de letras que por algunha casualidade chega a ver os apuntes das nosas asignaturas, ¡canto máis sinxelas serían as cousas! Cos números, as operacións non teñen máis que resolverse (paciencia, calculadora, lapis e goma de borrar son elementos indispensables para isto, e ao mellor a xente de letras non os domina tanto, jeje). Cando inclúes constantes e variables, expresadas como letras latinas ou gregas, todo se volve moito, moito máis complicado. Por iso, hoxe un recordatorio da cantidade de grego que sabemos todos os de ciencias.

Alfabeto grego

Das 24 letras que aquí aparecen eu cheguei a empregar (entre estatísticas, físicas, matemáticas variadas, e incluso algunha asignatura de programación e algoritmos) unhas 20. Non sabía que “mu” se escribía “mi”, mira ti cantas cousas se aprenden. ¿Cantas chegades a coñecer vós? ¿Sodes de letras ou ciencias? A batalla O debate está servido.