Aínda que a min me pillaba durmindo, a verdade, é o que ten traballar de noite, que non estás presentable nin para a Fin Do Universo Coñecido™. Síntoo, María, pero vas ter que facer o exame de mañá. Case mellor, despois de todo o que estudaches.
Pois, iso, miñas donas, meus cabaleiros, a fin do mundo non foi hoxe! Non sei se lembrabades, que hoxe (entre as 9 e as 10 da mañá) era a posta en marcha do LHC, ou Grande colisionador de Hadróns, no CERN. Ben é certo que a fin do mundo técnicamente acontecería tras as primeiras colisións de partículas no LHC, cousa que calculan pasará contra o 21 de outubro, despois da inauguración do aparello.
Incluso o google se facía eco desta nova tan importante…

Seguimos vivooooooooooooooos!!
😀