Arquivos diarios: 18 Novembro 2008

Diario de viaxe… (Intro)

Ben, como seguramente notastes (se seguides este bloguiño), estiven ausente durante mooooito tempo. Unha das causas foi esa “inapetencia blogueira” da que xa falei nalgún momento. Pero principalmente, durante alomenos dúas semanas non escribín nadiña porque estiven de vacacións! O resumo sería:

  • día 28 de outubro: remato o turno ás 7’30 da mañá, teño o día para preparar a maleta.
  • día 29 de outubro: saio de Lavacolla cára Madrid, onde collo outro voo cára Milán. De alí, a Génova.
  • día 30 de outubro: partimos, a miña señora costela e máis eu, de Génova a Florencia (parando en Pisa a queixarnos dos trenes).
  • día 31 de outubro: pateamos dun lado a outro por toda Florencia, e subimos ao Duomo.
  • día 1 de novembro: volvemos patear Florencia, esta volta de arriba para abaixo, e volta do revés (porque quedaban moitas cousas sen ver).
  • día 2 de novembro: saímos de Florencia para Venecia, e chegamos para xantar. Despois, vemos a metade do que hai que ver en Venecia.
  • día 3 de novembro: pateamos de arriba a abaixo e volta para arriba, e volta para abaixo, Venecia. E aínda nos sobra tempo, e non sabemos qué máis facer…
  • día 4 de novembro: estou de santo, e ademais, deixamos Venecia para volver a Génova, onde ceamos mooooooitísimo.
  • día 5 de novembro: fago de volta a mesma viaxe do día 29 de outubro, cargado con 500 fotos de toda semana anterior. ¡E con moitas gañas de estar volvendo a Génova!
  • día 6 de novembro: ás 6 da mañá saímos tres expedicionarios “sly” cara Logroño.
  • día 7 de novembro: de Logroño a Santander, paramos en Zárate, e a xantar en Castrourdiales.
  • día 8 de novembro: paseamos, xantamos, descansamos e nos fotografiamos en Santander.
  • día 9 de novembro: regresamos de Santander a Coruña, e por fin durmo na miña cama máis de 4 horas seguidas (¡siiiiiiiii!).
  • día 10 de novembro: entro de turno de tarde no chollo, e me volve a dar a “inapetencia blogueira”.
  • día 16 de novembro: a competitividade pode comigo, e decido que xa está ben! Hai que gañarlle a María!

Gráficamente:

¡Mañá, claro, comeza o diario de verdade!