Diario de Viaxe (I)

O primeiro día, o de máis nervios… Nervios por todo, evidentemente; coller varios avións por min mesmo, ir a un lugar descoñecido, volver a ver á señora costela de un… E que un xa é un tipo nervioso, tamén.

Comezamos saíndo para Santiago de Compostela, aeroporto de Lavacolla (Grazas Ana pola viaxe!). Polo camiño, de noite e medio durmido, tocou preparar os sobres para enviar os DVD do campamento de ADS do pasado verán (despois da Asemblea todo o mundo anda a pedir!), que non puidera preparar antes. En Santiago, o voo foi incómodo: recoñezo que a talla estándar dos avións non pode ser a miña, non me caben as pernas. Pero ao aterrar, puiden ver a Warner dende o aire. Apúntoo para unha próxima viaxe.

Terminal 4 de Barajas

E chegamos a Madrid. Moi bonita a terminal 4. Coñecendo unicamente os aeroportos de Coruña, Santiago e os que emprega Ryanair polo mundo, flipei coa cantidade de portas que hai en Barajas. E só nunha terminal! Por un cuarto de hora, estiven buscando a porta do seguinte voo, o que me levaría a Milán (Malpensa). Tiven que recurrir, ante a falta de éxito na miña misión, ao mostrador de Iberia. O ánimo da xente que atende alí llelo aprenden ou son así, xa como persoas?

Do voo de Madrid a Milán, nada que dicir. Neste avión xa collo perfectamente. Ao chegar a Milán, teño que coller un shuttle que me baixe até a estación Centrale, onde me vén recoller María. Vale, segundo fallo provocado polos nervios (o primeiro foi tratar de buscar a porta de saída en Barajas sen que estivese aínda asignada). En lugar de coller o shuttle de 7 euros, collo o express, de 7’50. Sen chegar a Génova, e xa derrochando! 

Chego a Milán, á estación Centrale, sen saber onde teño que esperar por María, e está chovendo. Vexo que Milán está en obras, alomenos a estación (e despois veremos que TODO está en obras). Atopo o sitio máis aproximado ás indicacións da miña moza, e alí a espero; ela está no tren, chegando. Un ratiño despois, véxoa xirar a esquina. Cando me ve, bota a correr cara min (iso moooola!!), e eu non sei que facer, non quero deixar soa a maleta, jeje. O resto dese momento, para min. No tren de camiño a Génova,ímonos poñendo ao día, vamos organizando horarios e demais. Fóra chove, e ás 5 da tarde xa é de noite. Pero ei!, xa estou de vacacións!! Nótoo porque ao meu arredor, todos falan e non os entendo!

 

Brignole (estación de tren en Génova)

Brignole (estación de tren en Génova)

Ao chegar a Génova, déixome levar por quen sabe. Subimos a deixar a maleta á casa, e cando digo subir, quero dicir “subir”, que Génova é de costas importantes. Coa maleta, mellor pillar un bus, e cando digo pillar, quero dicir “merca o billete, e se ves que tal, xa o empregarás”. A casa da jefa, moi bonita. A fame, que se impón aos nervios e á contemplación, tamén é moita. Despois de repartir agasallos que eu levaba de encargo para a anfitriona, baixamos rapidamente a cear. Velaí a segunda sorpresa agradable da viaxe: o aperitivi do Palazzo Ducale. Olé e olé! Que cantidade de comidaaaaaa! E todo por só 5 euros, que un, caladiño, ben pasa por erasmus (o prezo oficial é 6’50, jeje). Un pouco máis tarde, tirando cara Piazza delle Erbe (coido que se escribe así), terceira sorpresa: os xelados italianos. Vale que a finais de outubro tomar un xelado sona raro, pero non se pode ir a Italia e non tomar xelado. A min non me deu tempo de probalo, pero coido que recomendan moito o de chocolate con pepperoncino 😉

E nada máis por hoxe, o día foi laaaaargo, e teño ganas de descansar. A ver como nos apañamos na cama de 80 cm de María. Xa mañá vos conto.

PD: de hoxe non hai fotos propias! Deixo esas de Barajas e da estación de Génova (que visitamos máis veces)

Un comentario en “Diario de Viaxe (I)

  1. María

    ¿Cómo que no hay comentarios? Después de este relato de viaje tan detallado? Así da gusto! Me alegro de que tengas tan buenos recuerdos de tu visita, ahora que en Ryanair regalan los billetes de avión no tienes disculpa para no venir todos los fines de semana, como cuando venías a Ferrol… El tren te lo pago yo si hace falta. Menuda aventura venirte tú sólo: cuatro aviones, shuttle, el tren… pero valió la pena, se puede demostrar gáficamente con las 515 fotos que sacamos. Vuelve prontooooo!
    Tanti baci raga!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.