Arquivos diarios: 23 Novembro 2008

Diario de Viaxe (V)

Día 5º da viaxe por terras italianas. Día de cambio de sitio. Como hai que viaxar até Venecia, non madrugamos e aproveitamos para almorzar moitísimo, de novo. Hoxe os mosquitos non escapan da furia berserker que posuíu a María, quen se liou a toallazos cos rezagados no teito e máis no baño. E é en serio: merecíano. Eran grandes coma puños, e voando preto da cabeza de un pola noite, facíante pensar nas escenas de helicópteros de Apocalipse Now. Así que co traballo ben feito, descansadiños despois de durmir coma troncos coa malleira física de ter subido até o Piazzale Michelangelo, e coa maleta rematada de facer, dixemos ata logo ao Hotel Basilea, moitas gracias, e marchamos cara a estación.

Sigue lendo