Diario de Viaxe (V)

Día 5º da viaxe por terras italianas. Día de cambio de sitio. Como hai que viaxar até Venecia, non madrugamos e aproveitamos para almorzar moitísimo, de novo. Hoxe os mosquitos non escapan da furia berserker que posuíu a María, quen se liou a toallazos cos rezagados no teito e máis no baño. E é en serio: merecíano. Eran grandes coma puños, e voando preto da cabeza de un pola noite, facíante pensar nas escenas de helicópteros de Apocalipse Now. Así que co traballo ben feito, descansadiños despois de durmir coma troncos coa malleira física de ter subido até o Piazzale Michelangelo, e coa maleta rematada de facer, dixemos ata logo ao Hotel Basilea, moitas gracias, e marchamos cara a estación.

E como somos moi rápidos, e todo o facemos con previsión para que nada estropee a coidadosa planificación desta viaxe tan rápida, evidentemente, na estación toca esperar un bo rato. Temos os billetes, temos as maletas, pero non temos o tren. Agardaremos, pois. Mentres, podemos desfrutar do mal que lle fai á mocidade o Halloween, vaia pintiñas que levan algúns (e algunhas)! Da viaxe non hai moito máis que dicir, é unha viaxe longa e en tren, que afortunadamente é bastante cómodo (e tamén caro). Fíxonos gracia coincidir no mesmo tren, co mesmo destino, con outra parella de turistas, asiáticos eles, aos que tamén atopamos facendo fotos na galleria della Accademia e na Piazza della Signoria, e despois tamén na galleria Uffizi. Pero o certo é que, por máis que o intente, desas 4 horas de tren non teño máis que dicir…

Así que falemos de cando chegamos a Venecia. Xa para comezar, chama a atención ir no tren e meterte no auga cara unha illa. Eu nunca viaxara cun destino así (quitando a Illa d’A Toxa), e menos en tren. Chegados a Venecia, saímos da estación, e o día está sumamente nublado, e non vai calor ningún. Buscamos o hotel, cruzando unha ponte e deixando outras tres á vista… Non se ve coche ningún. Non hai rúa á que baixar dende a beirarrúa. Isto vai ser totalmente distinto a calquera das cidades que visitei! O hotel, estupendo novamente. A habitación é unha especie de duplex, coa sala de estar e o baño no piso de abaixo, e a cama nun altillo. A decoración, moi recargada para o meu gusto. Pero ata lle pega ao ambiente da cidade! Venecia xa me gusta, e non levo nin media hora aló.

Saímos do hotel e buscamos un sitio onde xantar algo. En lugar de volver cara a estación, quedamos deste lado do Gran Canal. Atopamos unha pizzeria turca (polo menos) e zampamos unha pizza calzone e un anaco dalgo requentado, pero con calabacín. Rico, pero habemos de buscar máis para a vindeira ocasión. O importante é o xelado. Mmmmm! Piña con ACE, o zumo este de multifrutas e multivitaminas (aínda que escaso de nome, jeje). Unha boa mestura! Co estómago satisfeito, nos diriximos xa á zona a visitar esta tarde, a Piazza de San Marco, que non hai tempo que perder!

Quixemos ir á Piazza de San Marco tratando de seguir o mapa de Venecia que tiñamos nas varias guías que levabamos, e outra que fumos pedir á oficiña de Turismo da estación de tren. Non o fagades. Venecia ten rúas que non veñen nos mapas, pasadizos baixo as casas e pontes, e rúas cabo dos canais que poden existir ou non, segundo o mapa que miredes. O mellor é seguir os carteis colgados nas paredes das casas (“San Marco”, “Ferrovia”, “Rialto”…), que te levan pola mellor rota posible ao lugar que queiras ir. Nós non o sabiamos, e comezamos a camiñar sabendo onde ir, pero non como. Así que fixemos o que calquera faría: seguir á xente que camiña decidida. O problema foi que comezamos a seguir a un grupo de inmigrantes, debían ser, e polas présas e atallos debían de andar escapados. Nunha praza amplia, tras seguilos por pasadizos de tamaño unipersoal, co teito ao alcance da man, descubrimos que efectivamente, un grupo de carabinieri andaba na mesma dirección. Aí foi onde atopamos nos fixamos no primeiro dos carteis que comentaba antes. De aí a San Marcos foi coser e cantar (pero sen coser nin cantar, só camiñamos!).

E o certo é que na praza esa está todo, todo. Está a Basílica de San Marco, na que nos aconteceu a anécdota do día. Para saber dela, visitade o blog de María. Non hai moito que eu poida engadir ó que xa dixo ela, e ademais o dixo moi ben. Tamén están as Procuratae, as dúas columnas de San Marco e San Teodoro, o Palazzo Ducale (impresionante decoración da porta de entrada, e impresionante palacio), a Ponte dos Suspiros (qué decepción atopala entre publicidade), o Campanille, a Torre dell’Orologio… Incluso se ve, tirando cara ao auga, a biblioteca que sae en Indiana Jones e a Última Cruzada (aínda que en realidade non é unha biblioteca, senón San Giorgio Maggiore).

E con toda a praza e arredores vistos, se nos fixo de noite. Polo camiño, que creo que non o dixen, paramos tamén na Ponte de Rialto, que tamén é moi famosa, e á que, por algún despiste, non lle sacamos foto ningunha. Sí fixemos fotos nela e dende ela, pero non A ela, que cousas! Pero eu de verdade me quedo coa Praza de San Marcos. Impresiona o tamaño, as simetrías das Procuratie, os soportais, as pombas (a impresionante cantidade de pombas, que ata é negocio para algún fotógrafo de alí), as orquestras dos cafés da praza, os prezos dos cafés da praza (8 euros por café, non quero saber canto é o chocolate con churros!)… E de noite é aínda máis bonita. A nós coicidiunos que baixou aínda máis a néboa, e lle daba un toque como de soño. Así foi que fixemos a experta fixo fotos artísticas como estas…

Na volta ao hotel paramos na tenda Disney e na tenda Ferrari, as oficiais, che! Que outra cousa non haberá en Venecia, pero tendas caras, moi caras e tendas de máscaras (venecianas, of course), hainas, e de sobra! Ceamos nun sitio ben baratiño e con un aquel de ser “de toda a vida”, onde nos puxeron unha pizza moi rica, e algo de pasta típica (aínda que polo visto a nai de María fai a mesma receita sen darlle importancia ningunha). Outro xelado, evidentemente (non se pode desperdiciar a ocasión), e para cama, que vai fresquiño (tanta humidade dos canais, xa se sabe), e mañá é outro día, aínda nos quedan cousas por ver!

3 reflexións sobre “Diario de Viaxe (V)

  1. María

    Hola chico ¿qué tal? Tengo que decir que sigues con unas actualizaciones insuperables, aunque es trampa porque las haces después que yo y te da tiempo a perfeccionar las mías 😉
    Como dije ayer, fue una pena tener que marcharnos de Florencia despué de lo bien que lo habíamos pasado, lo que habíamos disfrutado de la ciudad, las comidas, el hotel… pero lo que nos esperaba era todavía mejor. ¡Qué chula Venecia! y ¡Qué pasada de hotel! Una habitación de dos pisos! Con su terraza gigante… no la aprovechamos mucho porque hacía frescocho, pero en Abril/Mayo tiene que dar gusto estar allí al solete… ¿Volvemos? 🙂
    ¡Qué graciosos los Japoneses! Me sorprendió que no dijeras a quién se te parecían… estás cambiando…jej
    Y no hay mucho más que pueda decir… una ciudad impresionante, un hotel precioso, los helados riquísimos, y la compañía insuperable. ¡Quiero volveeeeer! Hay que hacer ya una lluvia de ideas para próximos destinos turísticos este año, a ver si voy a ser la única Erasmus que se queda en casa en vez de ir por ahí de viaje!
    Bicos y hasta mañana!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.