Diciamos onte… Perdón aos meus seguidores por este pequeno parón no meu diario de viaxe, entre o traballo oficial e o oficioso non saquei tempo para ordenar os guións destes días que me restan para rematar a crónica da miña expedición por terras italianas e cántabras. Síntoo! Podedes ver, se queredes, o resultado dese traballo oficioso aquí (eu fixen a aplicación de votación, os deseños son cousa de outros). Pero vaia, que estabamos en Venecia, a día 3 de novembro…
Ao erguernos no primeiro (e último) día completo en Venecia, descubrimos que o almorzo neste hotel era aínda máis estupendo que o de Florencia: zumos, chocolate e café, pan tostado, croasáns, biscoitos, cereais, iogures, marmelada, queixo de untar… O que tal almorzamos!! E porque iamos con présa, que xa vos adianto que para o día seguinte aínda almorzamos máis!!