Arquivos mensuais: Novembro 2008

Diario de Viaxe (III)

Comezou este terceiro día de viaxe cunha agradabilísima sorpresa… ben, dúas. A primeira foi descubrir que funcionaba, e daba auga quentiña, quentiñaa, a ducha do cuarto de baño da nosa habitación (fago esta especificación porque en París non houbo tanta sorte, e non había ducha na habitación… tampouco cuarto de baño). A segunda e máis importante, foi que o almorzo do hotel era xeniaaaaal. Panciño, croasán, manteiga e marmelada, chocolate ou café, e zumo de laranxa. Así que collimos forzas e nos lanzamos a descubrir Florencia, mapa e guía de viaxe en man, e cámara de fotos na súa funda, no cinturón, dispoñible para cando sexa requerida.

Sigue lendo

Diario de Viaxe (II)

Solucionado o problema de durmir dúas persoas nunha cama de 80. É sinxelo cando en lugar de un único colchón tés dous, e espacio abondo no chan para poñelos (ben xuntiños…). Mágoa que María non adoite almorzar, porque así comecei o día con bastante fame… unha vez me pasou a fartura da cea do día anterior, claro. Neste primeiro día, o programado era visitar Génova, e viaxar até Florencia. Pois nada, alá nos fumos. 

Sigue lendo

Diario de Viaxe (I)

O primeiro día, o de máis nervios… Nervios por todo, evidentemente; coller varios avións por min mesmo, ir a un lugar descoñecido, volver a ver á señora costela de un… E que un xa é un tipo nervioso, tamén.

Comezamos saíndo para Santiago de Compostela, aeroporto de Lavacolla (Grazas Ana pola viaxe!). Polo camiño, de noite e medio durmido, tocou preparar os sobres para enviar os DVD do campamento de ADS do pasado verán (despois da Asemblea todo o mundo anda a pedir!), que non puidera preparar antes. En Santiago, o voo foi incómodo: recoñezo que a talla estándar dos avións non pode ser a miña, non me caben as pernas. Pero ao aterrar, puiden ver a Warner dende o aire. Apúntoo para unha próxima viaxe.

Sigue lendo

Diario de viaxe… (Intro)

Ben, como seguramente notastes (se seguides este bloguiño), estiven ausente durante mooooito tempo. Unha das causas foi esa “inapetencia blogueira” da que xa falei nalgún momento. Pero principalmente, durante alomenos dúas semanas non escribín nadiña porque estiven de vacacións! O resumo sería:

  • día 28 de outubro: remato o turno ás 7’30 da mañá, teño o día para preparar a maleta.
  • día 29 de outubro: saio de Lavacolla cára Madrid, onde collo outro voo cára Milán. De alí, a Génova.
  • día 30 de outubro: partimos, a miña señora costela e máis eu, de Génova a Florencia (parando en Pisa a queixarnos dos trenes).
  • día 31 de outubro: pateamos dun lado a outro por toda Florencia, e subimos ao Duomo.
  • día 1 de novembro: volvemos patear Florencia, esta volta de arriba para abaixo, e volta do revés (porque quedaban moitas cousas sen ver).
  • día 2 de novembro: saímos de Florencia para Venecia, e chegamos para xantar. Despois, vemos a metade do que hai que ver en Venecia.
  • día 3 de novembro: pateamos de arriba a abaixo e volta para arriba, e volta para abaixo, Venecia. E aínda nos sobra tempo, e non sabemos qué máis facer…
  • día 4 de novembro: estou de santo, e ademais, deixamos Venecia para volver a Génova, onde ceamos mooooooitísimo.
  • día 5 de novembro: fago de volta a mesma viaxe do día 29 de outubro, cargado con 500 fotos de toda semana anterior. ¡E con moitas gañas de estar volvendo a Génova!
  • día 6 de novembro: ás 6 da mañá saímos tres expedicionarios “sly” cara Logroño.
  • día 7 de novembro: de Logroño a Santander, paramos en Zárate, e a xantar en Castrourdiales.
  • día 8 de novembro: paseamos, xantamos, descansamos e nos fotografiamos en Santander.
  • día 9 de novembro: regresamos de Santander a Coruña, e por fin durmo na miña cama máis de 4 horas seguidas (¡siiiiiiiii!).
  • día 10 de novembro: entro de turno de tarde no chollo, e me volve a dar a “inapetencia blogueira”.
  • día 16 de novembro: a competitividade pode comigo, e decido que xa está ben! Hai que gañarlle a María!

Gráficamente:

¡Mañá, claro, comeza o diario de verdade!