Diario de Viaxe (IX)

Comeza a segunda parte desta expedición de 12 días. De xoves a domingo, marcho coa miña panda de sempre a visitar Logroño (o xoves, 3 expedicionarios) e Santander (até alí virán o venres os 10 restantes). E un que non descansou ben dunha viaxe, vaise meter noutra!

Se ben este primeiro día comezou ás 5.00 da mañá, cando me erguín para rematar de preparar a bolsa coa roupa e demais, e me recolleron ás 6.00, podemos obviar practicamente 6 horas, as da viaxe até Logroño… Malia que despois rematou á 1.00 da mañá, cando non atopamos xa sitios abertos na zona de saír da capital rioxana. Que foi un día largo, vaia… Incluíndo a viaxe (que durmín na súa meirande parte, jeje)!

 

Velaquí unha das poucas cousas que lembro da viaxe: a parada para sacar unha foto ao lado da árbore que nos vimos obrigados a alimentar… Foi cousa do frío! Polo demais, xa vos digo que foi longa, e a pasei durmindo. Menos o outro rato que tiven que facer de servicio técnico para un dos sitios nos que traballo (de servicio técnico, si), porque hai correos urxentes que non se poden perder!! En fin, que non pagaba eu a chamada, e o deixei solucionado. Pero xa non lembro máis…

Chegamos a Logroño arredor das 12.10 da mañá, con mooooito tempo aínda para ver todo o que teña por ofrecer a cidade. Rapidamente, fomos cara a pensión a deixar as bolsas, o coche aparcado e rumbo a coñecer o Logroño do que Maese Temprano buscou información (e a trouxo á viaxe!).

 

Pola mañá, descuberta da parte máis externa da cidade vella, que igual que en Coruña, é vella de verdade. Todo data de 1521. A porta onde regalan pans e peixes (supoñemos que do río) nalgún momento do ano; a cheminea da antiga fábrica de tabacos, hoxe edificio oficial; o museo de arte, pechado por obras… o que non fomos quen de atopar nesta mañá foi a oficina de turismo (había que acadar un mapa de verdade, non a copia impresa que levaba Carlos), nin a fonte do Peregrino. Ou a perdimos por ser menos vistosa do que supuñamos, ou non estaba donde o mapa de Carlos dicía (de aí a necesidade de cambialo). Pero eran as dúas da tarde, non había xente na rúa, e nos deu por ir xantar. Tres tíos decidindo onde xantar, xa suporedes o panorama. Botamos un ratiño para apostar por un sitio concreto. A aposta saíu ben, e xantamos coma campións.

Pola tarde, paseo buscando o Concello. De camiño atopamos a oficina de Turismo, pola que tivemos que agardar, porque aínda estaba pechada. Deunos a risa ao comprobar que o mapa oficial de turismo era o mesmo que traía Carlos. Nada, seguimos coa visita. O Concello foi a cousa máis fermosa que Carlos debeu de ver na vida, tanto, que caeu extasiado. Os demais non lle viamos o aquel. Nin sequera Pablo, que insistira tanto en atopar o devandito Concello. Seguindo pola parte máis nova do cercano á cidade vella, achegámonos ás pontes sobre o Ebro: a de pedra, e a de ferro. A idea era cruzar por unha e volver pola outra, pero ao final non puido ser, a de ferro estaba en obras. Nada, nada, para pontes, Ourense. De calquera xeito, cruzamos, e atopamos a Casa das Ciencias de Logroño, na que non é necesario entrar para xogar cos experimentos: téñenos alí, no xardín de fóra! Menos mal que non había ninguén preto, porque menuda estampa… Tres tíos xogando coma nenos pequenos cos experimentos de sonidos, a facer un remuíño nun tubo de auga, a tocar un xilófono de pedra, ou mesmo a berrar dentro dunha pedra oca. Omito a foto para non ridiculizar ao suxeito en cuestión.

 

E nada máis, moito máis non queda que ver en Logroño. De volta para o centro atopamos a fonte do Peregrino que buscabamos pola mañá, e un par de sitios máis que faltaban por ver, como a Catedral. Nunca vira un sitio no que non te cobraran por entrar, pero sí te cobraran por ver: a devandita Catedral abría ás 18’00, hora na que xa está escuro na rúa como para precisar luces no interior dunha igrexa antiga. Pois se querías ver decentemente o retablo, ou algún cadro que teñen alí, tocaba pagar para que acendesen unha luz! Non ho, nunca tal vira!

Logo da Catedral xa se nos acabou o Logroño programado. Carlos descubriu no mercado municipal unha froitería moi colorida, e da que estivo comentando un bo anaco. Pero iso foi todo, non había máis que ver. Estivemos un bo rato sentados na avenida de Juan Carlos I, sen facer nada máis que falar do Corte Inglés (preguntade a Pablo). Cando o frío e aburrimento (que guapas son as galegas!) foi demasiado, marchamos a un bar, a estar quentiños e tomando algo até a hora de cear. 

 

De cea, camiño das rúas de tapas, detrás dos kilomberos de Logroño, comprobamos dúas cousas: a primeira, sobre a forma de saír un xoves en Logroño, que é ir de bar en bar, e gastar dous euros na tapa única dese bareto, acompañada dun corto ou un viño. A segunda, que todos os bares desa zona pechan relixiosamente ás 12 da noite. E que a marcha posterior non comeza até as 2! Onde se meten estes rioxanos esas dúas horas! Co frío que vai! Despois de media hora de seguir a xente buscando por un sitio onde tomarnos un algo máis (eu xa non podía coa miña alma), decidimos ir para a pensión, e descansar para o día seguinte. Omito, unha vez chegados á pensión, o tenso momento de “somos tres, e hai dúas camas… a ver a quen lle toca compartir”, porque a min me tocou durmir só, na cama pequena. Máis novas sobre esta experiencia, mañá. Rumbo a Santander!!!

3 reflexións sobre “Diario de Viaxe (IX)

  1. María

    Jolín para Willy Fog!
    Vaya vidorra que te pegas! Todo el rato de viajes por ahí! Cualquiera diría que eres tú el hombre de provecho que estudia y trabaja (pluriempleado) a la vez, y yo la que está de Eramus! Pues a ver cuando me llevas a mi, que tengo ganas de un viajecillo como aquel de Gijón, por el norte de España y en coche (ese viaje del que siempre hablamos y que nunca hacemos).
    No tengo mucho más que comentar en esta actualización. Por lo que me contaste lo disfrutaste, y en las fotos se puede ver que lo pasastéis guay (bueno, a lo mejor tú peor que los demás, que no pones caras ni nada, jej).
    Lo dicho, que espero la actualización de mañana para saber como acabó tu viaje. Besiños!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.