Hoxe, outra actualización fotográfica, que foron moitos quilómetros e moitas fotos. Toca falar da viaxe de Logroño a Santander, pasando por Zárate, e a tarde que pasamos por Santander. O día comezou con problemas: non podiamos mover o coche de Pablo, por culpa do coche blanco que vedes na foto. O tipo apareceu xusto cando xa maniobraramos e tiñamos o coche listo para marchar, que tío! O seguinte problema foi tratar de ir ao estadio do Logroñés. Tiñámolo aí ao lado, pero non fomos quen de atopar o xeito de entrar até el. Así que nada, camiño Euzkadi, para poder chegar a Santander. Non esquezo comentar o verdadeiramente tenso momento da noite, cando movementos insospeitados na cama grande levaron aos seus dous ocupantes a apenas durmir durante a noite… Cando, medio en soños, Pablo se achegou a Carlos (que tamén andaba a medio durmir), e ámbolos dous notaron que algo non ía ben. Había alguén na cama, e non era unha sueca, precisamente! Separáronse rapidamente, pero a memoria xa estaba aí, para lembrareslles aos dous ese escuro momento, no medio da noite, nunha cama de matrimonio… Digamos que durante a fin de semana falouse de moitas cousas, e de cada 5, máis ou menos, unha era esta, jeje.
Diario de Viaxe (X)
1 Resposta