Diario de Viaxe (X)

Hoxe, outra actualización fotográfica, que foron moitos quilómetros e moitas fotos. Toca falar da viaxe de Logroño a Santander, pasando por Zárate, e a tarde que pasamos por Santander. O día comezou con problemas: non podiamos mover o coche de Pablo, por culpa do coche blanco que vedes na foto. O tipo apareceu xusto cando xa maniobraramos e tiñamos o coche listo para marchar, que tío! O seguinte problema foi tratar de ir ao estadio do Logroñés. Tiñámolo aí ao lado, pero non fomos quen de atopar o xeito de entrar até el. Así que nada, camiño Euzkadi, para poder chegar a Santander. Non esquezo comentar o verdadeiramente tenso momento da noite, cando movementos insospeitados na cama grande levaron aos seus dous ocupantes a apenas durmir durante a noite… Cando, medio en soños, Pablo se achegou a Carlos (que tamén andaba a medio durmir), e ámbolos dous notaron que algo non ía ben. Había alguén na cama, e non era unha sueca, precisamente! Separáronse rapidamente, pero a memoria xa estaba aí, para lembrareslles aos dous ese escuro momento, no medio da noite, nunha cama de matrimonio… Digamos que durante a fin de semana falouse de moitas cousas, e de cada 5, máis ou menos, unha era esta, jeje.

 

A primeira parada foi Zárate, na casa dos veráns de Pablo, e que está moi pretiño de Vitoria. Por certo, Zárate non sae na wikipedia, así que non podo poñer unha ligazón, como fixen até agora en case tódolos lugares visitados. Cadra moi cerca de Murgia, e tamén moi preto dun monte do que non lembro ben o nome (coido que era Santa María de Oro, pero non estou seguro), no que estivemos coas vacas e en plena natureza, aló arriba. A Pablo dábanlle rautos raros e para sacar unha foto se puña a facer ruidos raros, pero como era el o que coñecía a zona, deixámolo como normal. Despois seguimos cara Santander, parando en Castrourdiales a xantar. Alí, por sacar outra foto, Pablo case se pega cunha guardiña destas das da ORA… Pero como é Pablo, deixámolo como normal. E por certo… ¡vivan as castrourdialeñas! Que diferencia, oia!

  

E pola tardiña, a iso das 5 ou 5 e media, chegamos a Santander, que a viaxe nola tomamos con calma. Alí xa estaban Nando, Vane, Sonia, Ale e Vali. Todo de diminutivos, jeje. Chegamos ao hotel, e (alomenos pola miña parte) despois de flipar co devandito hotel, baixamos a buscar ao resto da expedición, que polo visto o último coche, o de Santi Man aínda estaba de camiño. Con estas, e con gañas irreductibles por parte dos que xa tiveran malas experiencias con Santander de atopar o túnel de Tetuán, baixamos ao centro, a dar unha volta e cear. Primeiramente, un sitio onde tomar unha caña despois da viaxe. E quen di tomar unha caña, di tomar media caña, en caso de que che apetecera botarlle unha aceituna radiactiva que provocase unha reacción inesperada no ambarino líquido, e moito se derramase fóra do vaso.

Pero vaia, todo se esquece tomando un pouco o aire. Paseando polo centro de Santander, atopamos un coche de fórmula 1, e aí nos detivemos a tomar unhas fotos. Coincidiu que era a hora de chamar polo teléfono, e por segundo día consecutivo, fun obxecto de bromas pola consabida chamadiña. Non todos os que saen na foto estaban de verdade falando polo móbil… Por unha das chamadas que sí eran reais, soubemos que Santi Man aínda andaba por Asturias, e que tiña problemas co coche. Así que fomos cear, porque non podiamos facer moito máis por eles. E atopamos este sitio, no que comemos moi ben, de tapas pero moi ben, e do que non lembro o nome (para variar). Aí xurdiron os plans para o vindeiro ano, e a vindeira viaxe: Soria 2009!

  

Despois de cear, uns cacharros nun bar onde non te atendían na mesa, e para cama, que as viaxes cansan abondo, e aínda había que subir até o hotel. Por fortuna, desta volta dimos menos rodeo, e o traxecto foi máis curto. Disensión á hora de deitarse sobre a hora de erguerse, e pouco máis. Chegados arriba, Pablo e máis eu atopamos que xa chegara Olalla, quen nos contou toda a súa peripecia. Rebentoulles unha roda, e deixaran o coche na fronteira entre Asturias e Santander, así que até o día seguinte non se sabía nada del. Cansados e cun futuro incerto despedimos este día, 7 de novembro de 2008. Até mañá!

Un comentario en “Diario de Viaxe (X)

  1. María

    Hola chico ¿qué tal?
    ¡Qué envidia me dáis!, se ve que lo pasasteis guay en este viaje. Queda propuesto que el próximo sea por Italia!
    Veo muchos comentarios por el tema del reparto de camas. ¿Es porque celebras que ganaste en el sorteo, o hay en realidad una envidia oculta que se manifiesta en tus palabras…? jej, cómo se me pira…!
    Y menuda pasada de hotel! Después de aquel de París al que fuimos, que tenía los muebles a escala para caber dentro de la habitación, y que había que bajar dos pisos para llegar al baño compartido. Y encima la ducha hacía pocita… ¡puaj!
    Pues nada, que espero tu crónica de mañana.
    PD: Quiero ver esas fotos en las que tú también pones caras, que parece que estés puesto por el ayuntamiento!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.