Amenceu o sábado non moi cedo, con só a metade da expedición, e os do coche de Santi Man que souberon durante o almorzo (un moi caro, para o que foi, e os modales cos que nolo deron) que tiñan o coche reparado, só fora unha roda rebentada, e nada máis. Namentres descubrían como tiñan que facer para ter o coche en Santander, aproveitamos o tempo e fomos visitar o parque da Magdalena, unha especie de Parque de Santa Margarita en Coruña, pero moito, moito máis pijo, que está moi preto do hotel onde parabamos. Aí foi onde descubrín por fin onde deixara aparcado o coche antes de saír para Italia… E onde volvemos a atopar ao guardia municipal (ou alomenos ao irmán xemelgo) co que a noite anterior Carlos resolvera a dúbida das liñas vermellas pintadas no chan dos aparcamentos na rúa.
Sigue lendo →