Diario de Viaxe (XI)

Amenceu o sábado non moi cedo, con só a metade da expedición, e os do coche de Santi Man que souberon durante o almorzo (un moi caro, para o que foi, e os modales cos que nolo deron) que tiñan o coche reparado, só fora unha roda rebentada, e nada máis. Namentres descubrían como tiñan que facer para ter o coche en Santander, aproveitamos o tempo e fomos visitar o parque da Magdalena, unha especie de Parque de Santa Margarita en Coruña, pero moito, moito máis pijo, que está moi preto do hotel onde parabamos. Aí foi onde descubrín por fin onde deixara aparcado o coche antes de saír para Italia… E onde volvemos a atopar ao guardia municipal (ou alomenos ao irmán xemelgo) co que a noite anterior Carlos resolvera a dúbida das liñas vermellas pintadas no chan dos aparcamentos na rúa.

 

Do parque, pouco que dicir: é un parque. Con focas e animaliños, pero un parque. Vale que tamén ten unha especie de reproduccións de barcos que cruzaron o Atlántico, pero segue sendo un parque. Tamén hai alí un clube de tenis, ou algo así, pero insisto, a min me parece só un parque (e non é envexa!). Ten arriba de todo unha casa enorme e moi bonita (o palacio da Magdalena) que debe de servir para banquetes e cousas tales, porque ao marchar do parque ían para dentro un par de coches de voda, claramente de voda (pola noiva e os fotógrafos). O mellor deste momento foi que fixo solete, e así saímos nas fotos, cos ollos todos pechados. Ao estar baixando, chamaron a Santi Man, un taxi viña recollelos para ir buscar o seu coche, e xa aproveitaban para facer un percorrido por pobos de Cantabria. Así que até a noite, compañeiros!

 

Pola nosa parte, os que quedabamos (Sonia, Nando, Carlos e un servidor) continuamos a rota cara o centro de Santander (unha vez máis), esta vez camiñando polo paseo marítimo. E no centro vimos varios edificios gubernamentais de Cantabria, o concello, a catedral (onde había outra voda e tivemos que agardar para poder entrar)… Na catedral eu flipei un pouco, porque, para non ser precisamente a de Compostela, tiña pantallas planas en cada columna, para poder seguir axeitadamente o curso dos acontecementos, supuño, e se facía moi do estilo da cidade: pija, pija, pija. Aproveitamos en tódalas prazas que puidemos para sacar fotos, como se ve na imaxe (na que o raro é o tamaño de Sonia, jeje), e ao saír da catedral tivemos que agardar uns minutiños, pois xa chegaban os dormilóns: Vane, Pablo, Vali e Alejandra decidira, por fin, baixar canda nós. Así que aló marchamos a tomar un algo, con posterior paseo antes de ir xantar.

 

Despois de xantar, de novo disensión: café ou máis paseo? Os de Logroño dixemos unha cousa, e o resto outra, así que eles quedaron sen ver o mercado municipal (moi modernista, el), a estatua á queixeira cántabra, e o parlamento de Cantabria, por exemplo. Si é que non che hai como querer camiñar e aproveitar que vas a un sitio para velo! Por ver, até vimos mogollón de tunos, todos vestidos e cos instrumentos, pero non chegamos a saber se había unha convención ou que. Só que a Nando lle puñan bastante nervioso, e quería acabar con todos eles, de formas bastante violentas, ademais.

 

E despois de volvernos xuntar, un paseíño de tranquis polo paseo marítimo, a desfrutar do tempo e do solpor, alí sentados nun embarcadoiro. E aí fixemos algunhas fotos bastante estúpidas, pero das que aínda non sabemos nada porque Pablo non se digna a compartilas. Eooo!! Dáte por aludido!! Despois, chegamos ao hotel, donde de novo nos separamos, uns foron descansar, e outros continuamos camiñando, até o estadio do Santander, de novo, por aproveitar a viaxe, e ver as máis cousas posibles. A unha hora prudente, volvimos para o hotel, xa volveran os do coche de Santi Man, e baixamos a cear. Esta vez, máis complicado que a noite anterior, era sábado, había mogollón de xente, e non había sitio en ningures. Así foi que empezamos nun bar, saímos porque non cabiamos, e acabamos volvendo ao mesmo bar para coller as tapas e ir comelas ás escaleiras do parque de atrás. Onde uns rapaciños nos amenizaron a cea cun partido de fútbol na cumbre! 

 

Unhas copiñas nun sitio con crocodilos, e volta para o hotel, cediño, que ao día seguinte hai que coller o coche. Sen máis novidade polo momento. (E a que apenas se nota que conforme foi pasando o tempo as crónicas foron cada vez menos detalladas, e máis gráficas… Évos cousa da miña memoria, que non me deixa lembralo todo!). Por petición de María, as miñas fotos poñendo caras nesta viaxe, e vale, si, non son moitas, as demais deben de estar na cámara de Pablo (moitas son culpa do multidisparo, que lles aprendín que tiñan as cámaras):

 

Un comentario en “Diario de Viaxe (XI)

  1. María

    Me encanta esta última foto. Voy a imprimirla y a llevarla en la cartera para cuando me digas: “¡Yo no bailo así!” ¿Cómo que no? Como si llevaras maracas y todo… im-presionante!
    Bueno, que genial la crónica, que se nota que lo pasasteis guay… ¡qué envidia! Prometo apuntarme a la próxima, y si queréis ya sabéis que está propuesta Italia como destino.
    Besiños chico, nos vemos en la próxima actualización!
    Chau!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.