Arquivos diarios: 13 Decembro 2008

Unboxing dun grande producto

Hoxe non vos hai moito tempo para que escriba por aquí, os amplificadores reclámanme e non se lles pode dicir que non… Ademais, estou canso, e seguro non vou rendir moito. Onte fun de cea coa xente do traballo (UFICOR only), e como agardamos por Fernando que saía ás 11 non comezamos a festa ata ben tarde, así que alí na Fábrica, entre cañas e cañas… E despois, polo bo ambiente que se respiraba (o Marcos é un crack), quedei por alí un pouco máis, malia que o corpo me pedía horizontalidade e reposo. Fun con eles até o Feudo, onde había máis xente da oficina, que levaban de rachí dende o xantar (imaxinaredes como estaba algún). E quedei até as 3!

Así que nada, hoxe actualización de recheo. A min fíxome gracia, pero a vou poñer en antecedentes para que os que non saibades  o que é un unboxing vos aclaredes antes de ver o vídeo. O asunto este trata de facer pequenos vídeos abrindo algún producto dende cero: ti colles o teu portátil, ou o teu móbil, ou a túa consola, e dende a embalaxe, gravas como o abres (explicando, por suposto, as túas impresións ao respecto). Todo isto nun plano no que a ser posible só se vexan as túas mans e o producto en sí. Por exemplo: unboxing do asus EEE 1000H.

Pois aquí, outro impresionante producto, sen el non podo comezar o día.

http://www.youtube.com/watch?v=GHCHSJ4AxBw