Arquivos diarios: 31 Decembro 2008

Feliciano!!

Ou algo así…

Iso, que como vedes, isto está de vacacións. Anda María por Coruña, e iso hai que aproveitalo, que vai ser iso de andar escribindo en blogs cando un pode estar coa señora costela de un mesmo! 

Pero volvo, como o turrón por Nadal, ou o allo dunha mala comida, para felicitarvos a todos o aninovo. Van xa 27 fins de ano para min, e cada un é distinto do anterior… igual que o ano que sigue a esa noitevella. Non vos perdades nas uvas, andade con ollo co champán/cava, e que sexades moi felices nesta noite!

Feliz ano 2009! Adeus 2008, estiveches moi ben! Que todos nos vexamos nalgún momento destes vindeiros 365 días, iso espero!

nochevieja