PD: Vaia con Iberiaaaaaa!!! De chegar ás 19.55 a Santiago, a chegar ás 2.30 a Santiago (despois de telos desviado de Alvedro, onde estabamos agardando)… E menos mal, que polo visto quedaba mogollón de xente tirada en Barajas sen voo!
Arquivos mensuais: Decembro 2008
O músico máis plaxiado é…
Pachelbel!! Co seu famoso canon (que non esoutro canon da nosa $GA€)… Despois do exame, toca relaxarse e desfrutar co a que cadaquén lle guste. A min, gústame a música, e por iso esta actualización. Ando corto de tempo, que teño xantar de nadal da oficina (unha delas), e teño pendiente entregar un programa para facer uns repartos. Xa darei máis guerra que a de hoxe… Prometido!
PD: Non, non queda nadiña, mañá xa estás por aquí!
Estou de exame…
E no podo dicir moito máis. Que estou un pouco histérico, porque é o último que tería que facer, e porque a teño atragantada desde que comecei na carreira. A cita, esta tarde ás 16.00 hrs. Tres horas contra diodos, transistores e amplificadores. A ver que tal me vai!
E xa está. Mañá xa vos contarei máis. Síntome un pouco como os protagonistas desta imaxe, con Tecnoloxía Electrónica (e Paradela, Lamas e compañía) no papel do garfo.
Para animarse nun día malo
Sen comentarios…
http://video.google.es/videoplay?docid=1098259204041420273Breve Historia do Universo
O hidróxeno é un gas lixeiro e inodoro que, co tempo suficiente, se convirte en xente.
…E algunha desa xente son mulleres…
Vía | Microsiervos 1 e 2

