Iso non se fai…
A historia: un neno na mañá de Reis Magos/Neno Xesús/Papá Noel, abrindo os seus agasallos. E vai e abre un dunha Xbox, e flipa por cores. E resulta que non é unha Xbox, senón roupa, porque os Reis Magoseno Xesús/Papá Noel non se poden permitir o que custa unha Xbox. E a cara do rapaz, que é un poema. E os acompañantes a dicirlle que a roupa é moi bonita, e tal… Pero non é unha Xbox! Xa non lle poñas a caixa, pónlle un laciño e listo, que tamén son bonitos!!
PD: Queeee vaaaa! Que si que lle regalaron a Xbox… Pero aínda así… Cos sentimentos non se xoga… Non?