Arquivos diarios: 13 Xaneiro 2009

Recomeza a conta atrás

Pois si, despois de vintetantos días de solaz, recomezo a conta atrás co que a moitos sorprendín a través do msn, facebook e tuenti.  O sociais que son as redes sociais! Non direi que non é triste, porque algo si o é, pero éche o que hai. O malo é recomezala un martes e trece… Espero que sexa para ben!

Dende aquí, grazas por estes vintetantos días, faltounos ir patinar, pero é que o deporte xa non me senta tan ben coma antes! Gardámolo para a vindeira vez que andes por aquí, ok? Pois nada máis, pásao moi ben, e sorte cos exames!

Xa falaremos!

faro 

PD: Igual que sempre, sabes? Non deixes de brillar, para que non me perda…