Recomeza a conta atrás

Pois si, despois de vintetantos días de solaz, recomezo a conta atrás co que a moitos sorprendín a través do msn, facebook e tuenti.  O sociais que son as redes sociais! Non direi que non é triste, porque algo si o é, pero éche o que hai. O malo é recomezala un martes e trece… Espero que sexa para ben!

Dende aquí, grazas por estes vintetantos días, faltounos ir patinar, pero é que o deporte xa non me senta tan ben coma antes! Gardámolo para a vindeira vez que andes por aquí, ok? Pois nada máis, pásao moi ben, e sorte cos exames!

Xa falaremos!

faro 

PD: Igual que sempre, sabes? Non deixes de brillar, para que non me perda…

Un comentario en “Recomeza a conta atrás

  1. maria

    A verdade é que resultaron intensos estes 24 días… non recordo outro nadal con tanta actividade! Moitas gracias tamén a tí por sacarlle o máximo rendemento a estas vacacións, e agora, aproveita o tempo que “perdías” comigo para organizar a próxima viaxe. ¿Qué tal fináis de Marzo? ¿Torino e Suiza?
    De momento non teño máis que comentar, o que me queda por dicir xa cho direi cando falemos logo. Moitos Bicos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.