Hoxe continuamos coa sección “Cancións das miñas”.
Ben axiña lle tiña que tocar o turno a esta, unha verdadeira marabilla daqueles cracks do rock que foron Queen. I é que esta foi a primeira canción da que namorei.
Lembro que a tiña no cd dos Greatest Hits, e era a primeira. Tedes que entender que eu adoito tratar de escoitar todos os discos en aleatorio, para non comezar a cantar a canción seguinte cando está rematando a actual. Pois con este disco, a sesión aleatoria comezaba sempre despois de 6 minutos de ter posto o disco no reproductor.
Velaí vola deixo: Bohemian Rhapsody, de Queen (as letras, coma sempre, máis abaixo).
[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-bohemian-rhapsody.mp3]