Inauguro esta nova sección aproveitando a miña actualidade informática. Estes días estiven tratando de traballar dende casa na implementación da rede de Abeiro, onde colaboro coma voluntario na animación dende hai moito tempo, e xestionando toda canta cuestión informática se plantee dende que descubrín que a informática era o meu.
A cousa é a seguinte: o que quería era poder deixar un ordenador acendido no centro, e configurar nel o necesario para montar unha pequena rede que nos axudase a xestionar os nosos datos colectivos (programacións, memorias, circulares…) e tamén a xestionar os recursos informáticos (impresoras e demais) de que dispoñemos alá. Todo iso, dende o meu propio ordenador, sentado comodamente na miña silla, na miña casa, e por tanto, a horas nas que o centro non tén por que estar aberto. A iso me refiro con controlar o pc remotamente. Windows trae de serie (alomenos nas versións profesionais) unha conexión a escritorio remoto un pouco complicada de configurar en según que computadores, e por aí hai cantidade de opcións máis.
Descubrín, nalgún dos blogs tecnolóxicos aos que estou suscrito, un interesante software: logmein. O tempo que o levo usando (unha semana e media, máis ou menos) dáme para valoralo como unha grande idea.
Como outros softwares, ven en moitos sabores, e un deles é gratuito, o LogMeIn Free, que para un usuario sen grandes esixencias, abonda. Hai o LogMeIn Pro, IT Reach, Backup… (de pago) cada un para unha cousa, e engadindo servizos ao gratuíto (que se o sonido do equipo remoto, a posibilidade de intercambiar arquivos entre os dous computadores, etc.). Co LogMeIn Free, previo rexistro na súa páxina web, poderedes conectarse ao equipo remoto vía o navegador de internet (eu probei co Explorer e o Firefox, e rula bastante ben). Ah!, e é independiente do sistema operativo que teñamos nos equipos, tanto o remoto, como o local. Tras rexistrarse, tan só cómpre engadir as máquinas remotas, descargando unha pequena instalación nesas máquinas alonxadas (tantas coma queiramos), de xeito que poidamos protexer o acceso cun usuario e contrasinal propios.
Para acceder á máquina remota (esa que deixades sempre acendida, para algunha vez logrardes descargar toda internet no voso pc) tan só haberá que entrar na web de LogMeIn, identificarse co usuario e contrasinal con que vos rexistrastes, e aparecerá a lista de máquinas engadidas. Seleccionando algunha, poderedes controlala remotamente, así de sinxelo, saltando por riba de todos os firewalls e redireccionamentos que poida haber, e sen necesidade de ter unha IP fixa ou sequera saber o que é unha IP. Incluso, coido se pode empregar dende unha PDA e un IPhone.
Vaia frikeza a miña, pero ei! seguro que algunha vez pensastes “podería mirar isto que preciso no ordenador da casa, pero agora… non estou na casa!” ou “ogallá Carlos puidese entrar neste ordenador a dicirme que carallo fai un clip na esquina da pantalla”. Vale, non é un exemplo moi currado, pero é case a 1 da mañá, e rematei este artigo falando por videoconferencia con María. O consello agore é que investiguedes un pouco, leades un pouco máis, e teñades moita curiosidade.
Aí queda iso!
No voy a escribir nada en tu blog hasta que tú no comentes en el mío
….
….
¡Ouch!
😉
Bicos!