Comezamos hoxe unha nova sección en 3w.miraunhacousa. Porque me gusta, me peta, quero e dáme a gana. E porque “yo lo valgo”. Querería, a partir de agora, compartir con vós, todos os martes, unha canción das miñas. Por “unha canción das miñas” defino aquelas cancións que me gustan por riba de todas as demais, que significan algo especial para min, ou que simplemente, me ecoan por dentro máis que o resto.
Hoxe comezamos cunha especial por varios motivos:
- é de Revólver, un dos meus grupos favoritos de sempre,
- a mensaxe que transmite gústame, polo aquel de “todos merecemos outra oportunidade” no que tanto creo,
- e por último, foi a primeira canción que verdadeiramente cantei con ganas diante de máis xente, na que me sentín máis cómodo, e a que primeiro compartín con esa moza que de verdade canta ben (e pensar que daquela me facía as voces a min!).
Así que sen máis preámbulos (obtusos, agudos ou rectos), Ten fe en mí, de Revólver (para a letra, seguide lendo)
[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/07-ten-fe-en-mi.mp3]
