Arquivos mensuais: Febreiro 2009

A vida pirata é a vida mellor…

Este entroido, porque me gusta e o paso ben facendo o mono por aí, vestido de algo que non me podo poñer habitualmente (ben, que non me podo poñer “tecnicamente”, que ninguén mo impediría, supuño), disfraceime de pirata. E o pasei ben, a verdade. Non saín coas pandas coas que habitualmente baixo (que son máis de saír o sábado), e tampouco estiven moito rato pola rúa, que aínda gardaba cansancio do Café concerto que montamos en Abeiro o venres anterior, pero o tempo que estiven por aí, goceino bastante. E vós qué, de que vos disfrazastes? Se cadra vós sodes dos que en Entroido vos “des-disfrazades”, hehehe! Déixovos cunha foto da tripulación do meu bergantín, aarrr!

dsc00312 

dsc00305 

E aquí, a xeito de ligazón porque é moi recelosa da súa imaxe pública, tedes á verdadeira raíña pirata. Moito olliño á mediciña contra a idade…

The Final Countdown

Coido que a canción de hoxe se explica por sí soa. Todo un himno da década dos 80, e do rock en xeral. Resulta, ademais, que é a primeira canción que lembro que me gustara.

En serio, fóra das cancións das pelis de disney, de debuxos animados da tele, ou de bandas sonoras dalgunha peli mega-coñecida, esta é a primeira canción de música-música que lembro que me gustase. 

Para todos e todas, a berrar coma descosidos: It’s the final countdown!!! Cha-nana-na, cha-na-na-nachaaaaaaaán!!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/20-the-final-countdown.mp3]

Sigue lendo