Arquivos diarios: 10 Febreiro 2009

Stand by me

Voltamos ás andadas, unha nova das miñas cancións! Ben, nova, nova, non é… Coido que ten bastaaaaante tempo. Pero é unha desas cancións míticas que se non te gustan é que non es humano (ou non che gusta en absoluto a música, claro). Ademais, para min, ten un motivo especial…

Foi a primeira canción que bailei cunha rapaza que me gustara, así agharraos. Non contarei máis, que son un cabaleiro. E daquela tamén, hai tantos anos. Digamos só que non compartía (nin comparto agora) a tendencia adolescente de valorar ás mozas pola apariencia exterior, así como tantas outras tantas tendencias adolescentes. Neste caso, o aproveitar os agharraos para pillar cacho. Sempre fun bastante “antigo”. Por iso fíxoseme tan importante esta canción. Baileina coa primeira moza que de verdade me fixo sentir ese calorciño que vén de dentro, e por un momento, non houbo nada máis… A moza, a música e este torpe con dous pés esquerdos. Sen cacho que pillar!

Que lonxe está Génova para un agharrao! Hai que volver ao sitio aquel onde comezamos a bailar, cando chega a noite e a terra está a escuras, que ultimamente por aquí vai moito frío…

Desfrutade a canción con quen queirades!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-stand-by-me.mp3]

Sigue lendo