Porque quixen, e punto. Unha foto deste Nadal, entrando no restaurante asiático do antigo mercado de Elviña (que agora non sei se ten outro nome…). O Papá Noel con máis barba barba son eu. E os demais, grandes persoas que teño a sorte de ter na miña vida. Un saúdo para eles.
E malia que chego un día tarde (non é que o esquecera, é que o post de onte xa era longo abondo!)… ¡Felicidades curmán! I é que tal día coma onte cumpriu (xa!) 19 anos o Xian, que para ser dez anos máis novo, ten máis pelo na cara ca min!
Velaquí outra fotiño, unha dos dous, así á “vaiche boa”, hai algúns anos… Vaia par… (O que vai de Melendi é el)