Arquivos mensuais: Febreiro 2009

Stand by me

Voltamos ás andadas, unha nova das miñas cancións! Ben, nova, nova, non é… Coido que ten bastaaaaante tempo. Pero é unha desas cancións míticas que se non te gustan é que non es humano (ou non che gusta en absoluto a música, claro). Ademais, para min, ten un motivo especial…

Foi a primeira canción que bailei cunha rapaza que me gustara, así agharraos. Non contarei máis, que son un cabaleiro. E daquela tamén, hai tantos anos. Digamos só que non compartía (nin comparto agora) a tendencia adolescente de valorar ás mozas pola apariencia exterior, así como tantas outras tantas tendencias adolescentes. Neste caso, o aproveitar os agharraos para pillar cacho. Sempre fun bastante “antigo”. Por iso fíxoseme tan importante esta canción. Baileina coa primeira moza que de verdade me fixo sentir ese calorciño que vén de dentro, e por un momento, non houbo nada máis… A moza, a música e este torpe con dous pés esquerdos. Sen cacho que pillar!

Que lonxe está Génova para un agharrao! Hai que volver ao sitio aquel onde comezamos a bailar, cando chega a noite e a terra está a escuras, que ultimamente por aquí vai moito frío…

Desfrutade a canción con quen queirades!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-stand-by-me.mp3]

Sigue lendo

Sequía

Hai momentos nos que manter un blog non é sinxelo, atópaste con que nin tés tempo, nin gañas, nin cousas das que falar, ou alomenos sen xeito de falar das cousas que queres contar a eses invisibles lectores que non o sabes, pero tés.

Eu estou nun deses momentos.

Estou sen tempos, porque dun xeito ou doutro, paso moitas horas diante dun ordenador, pero para facer outras cousas máis urxentes e productivas, que ao cabo un ten blog para falar e falar… ou non falar, como dicía o Manolo Rivas naquel poema que me regalou María. E cando toca non falar, o tempo mingua aínda máis buscando outras cousas nas que perderse.

Estou sen gañas, porque o que quero é ter por fin un tempo para min, libre de oficina, horarios e citas, e alomenos até o mércores non vai chegar ese momento. E porque teño gañas doutras cousas: que non me doa o xeonllo, marchar de viaxe, rematar os proxectos comezados… Sobre todo dalguén que teño lonxe,  e que nalgúns momentos me falta de verdade da boa.

E estou sen palabras. Teño por aquí uns seis ou sete apuntes do que vos quería contar dende hai un par de semanas, pero non me sae o xeito. Os que me coñecedes en persoa o sabedes ben: non adoito ter conversas particularmente lúcidas ou interesantes. Miña nai sempre di que todo mo gardo dentro (que un se pregunta como o sabe, se mo gardo será que só eu o sei, digo eu). Pois hai épocas, como agora, na que, especialmente, o tubiño que vai da parte do cerebro onde están as ideas a esoutra parte onde está a vea literaria, se atasca monumentalmente. E non sae nada de nada. Este post é unha clara proba disto que estou falando (ou é que acaso fostes quen de chegar até aquí sen vos durmir polo camiño?). 

Pero vaia, que o sigo intentando malia esta sequía mental. Gústame ter esta ventaniña por aquí, para compartir convosco cousiñas que penso ou atopo por aí. E non a vou pechar. Se tal, de cando en vez a arrimo, para manter a intriga… Polo de agora, só dicir que o sigo intentando. 

2653266910_f89fc8b1de_b 

Oigo música

Unha nova canción das miñas… M-Clan!  Se hai un grupo co que me identificaría a xente que me viu tocar/tratar de cantar, ese sería M-Clan. Xa os debo de ter aburridos, en tódolos café concerto de Abeiro sempre emulando a esoutro Carlos (Tarque)… Que lle vou facer, me guuuuuusssta!

Esta é Oigo música, que viña no recopilatorio que sacaron os de Murcia hai un par de anos, e que preparamos para o primeiro café concerto da nova época. A que vos deixo aquí é a versión orixinal. Pero é que o certo é que nos quedou bastante curriña, con ese solo de eléctrica de Xabi… Por iso esta é a canción que escollo desta vez, por escoller unha concreta (porque me quedaría con tantas máis deste mesmo grupo…). Grazas dende aquí, por facerme querer un pouquiño máis esta canción aos que alí estaban, aquel día de decembro: o Xabi Carrajo, María, Johnny, Ángel, non-lembro-se-alguén-máis, e eu mesmo coma voz principal. Que ben o pasei! Repetimos? 

Iso, que oigo música en todas partes, dentro de mi cabeza, en cada instante! Desfrutádea e dádelle ás cordas!

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/01/01-oigo-musica.mp3]

Sigue lendo

Lego… estaba todo visto?

Pois vaia, eu vin un Hagrid feito con pezas de Lego no aeroporto de Malpensa, en Milán, e sei que hai bastantes máis cousas feitas con eses cachiños de plástico… Sempre me ven á cabeza aquel capítulo dos Simpson no que van a un parque de atraccións no que todo está feito con pezas de Lego: incluído o río do parque e a camiseta recordo que se leva Bart … Pero isto xa me parece o colmo: unha caixa forte (funcional e todo) feita de pezas de Lego (claramente, por fanáticos do asunto).

A Lego Safe mide 38x38x38 cm. e pesa 6’5 quilos.  Polo visto, o cacharro ten un sistema de peche electrónico codificado con 5 dobles díxitos. Hai máis de 305.000 millóns de combinacións posibles… Malia que no fondo, segue estando feitas de pezas de Lego… Un pasatempo interesante!

caja-fuerte-lego 

vía | Abadia digital

Sigue lendo