Arquivos diarios: 31 Marzo 2009

Día 4: Notting Hill, Kensington Gardens & South Kensington

Terceiro día completo en Londres, e sábado. Que facemos? Pois está clarísimo: ir ao mercado na rúa máis famoso da cidade, o de Portobello, distribuído por toda Portobello Road, en Notting Hill. E hoxe ademais nos acompañaba Pablo, antes de se volver tamén el a España, que lle entrara a morriña e aproveitou o que todos aproveitamos para viaxar: os baixos prezos dalgunha compañía aérea da que xa falei demasiado.

Aquilo é verdadeiramente digno de ver: véndese de todo, e en todos os formatos posibles… Que se alimentos, incluíndo pastas, pizzas, paella, queixos, peixe, vexetais de todas partes, chocolates e chuches!;  antigüidades, con cámaras de fotos, soldadiños de chumbo, balóns de football (e o escribín ben), mapas antigos, roupa militar usada; música, incluso separando os postos segundo a música que venden; e roupa, por suposto, toooodo tipo de roupa. Vaia, que mellor vaiades e a ver se o contades mellor! Hoxe poño máis fotos do habitual para que vexades algo do que nós vimos… E cómpre dicir que non paramos en todos os postos, nin tampouco dimos chegado ao final, final da rúa… Que non nos daba tempo!!

Sigue lendo