Arquivos mensuais: Abril 2009

Internet hai 40 anos

Hoxe algo que tiña pendiente de poñer por aquí dende que o vin no Atlas of Cyberspace, dispoñible para descargar gratuítamente a través de internet

Velaquí un mapa da internet (ou do ARPA, como se lle chamaba entón) hai corenta anos. Semella que as cousas cambiaran, que agora todo ten internet, todo está conectado á rede de redes, máis aló dos propios ordenadores: neveras, GPS, móbiles, televisores… Todo medra, che!

Atlas_with_cover_high_Página_029_Imagen_0001  

 

Sigue lendo

Día 7: Gita a Genova

E así foi, chegou o último día de estancia en Londres, e con el, o regreso en avión. Só que esta vez quen regresaba era María, que eu aínda continuaba as miñas vacacións de marzo…

Pouco se pode dicir dun día no que basicamente todo o que fixemos foi viaxar, e seguir viaxando: que se buses, trens, avións… Comezamos o día ben cediño, para que non nos pillara o tempo, pero practicamente xa coas maletas feitas. Recollemos a casa de Pablo e José, deixámolo todo limpiño, e alá marchamos a coller o DLR a Strattford. Só que non había DLR (e iso o soubemos xa cos billetes mercados!). Sen problema, consultamos alí na estación cun traballador do metro, quen nos indicou que había que coller o bus fóra da estación, que facía o mesmo percorrido.

Sigue lendo

Sorprendendo!

Se onte (falando do 2 de abril) quedaramos coa sorpresa que me deu María vindo a pasar dúas semanas de vacacións en Coruña, en lugar de irse a Bélxica con outros amigos (de novo, gracias!), o feito o día 3 de abril seguiu polo mesmo camiño.

Ben, pola mañá María chegou a baixar de compras, e medio se escondía para que non a visen, hehe! Así foi sorprendendo ao resto da familia durante o día, e pola noite, no tempo de ir tomar algo, sorprendendo á panda… A algunha persoa, literalmente, a fixemos baixar á rúa para saudala…

Sigue lendo

Sorprendido (ás veces, de min mesmo)

Vaites! Pois si que había tempo que non tiñades novas miñas! Ben, tratarei de facelo mellor a partir de agora, hehe. É o que ten pasar tantas horas diante dun ordenador: ao cabo, non chegas a saber se as aproveitas ben, se te quedan cousas por facer, ou se realmente non te dá tempo a atender os asuntos pendientes (está claro, e este blog o demostra, que o “xa o farei mañá” nunca funciona).

Pero vaia, que dicía que me ía enmendar. Teño aquí diante a lista de todas as cousas que vos quería contar, e me dan para encher un mes. Por iso, vou ir engadindo as notas pendientes no mes de abril, aló onde correspondan, ben porque aconteceron nesa data, ben porque é o día no que terían que ter aparecido. Vale, e vou rematar a crónica desa segunda viaxe a Génova nalgún oco que haxa libre. Cando remate con todas (e me poño esta fin de semana coma límite), xa vos farei un índice.

Polo de agora, contarei o que me aconteceu este último 2 de abril, coma se hoxe fose 3 de abril (que non é, claro). Non é, nin máis nin menos, que alguén importante me deixou tremendamente sorprendido. Como di o título. Pero, como dixo aquel, imos por partes.

Sigue lendo

Día 6: Marble Arch, Hyde Park & Harrods

Todo o bo remata, e coas vacacións adoita pasar máis cedo que tarde… E con este tempiño noso en Londres, polo que se ve, non ía ser menos. Chegou o último (que nunca derradeiro) día en Londres. O último día completo, que os de viaxar non se contan, hehe. Así foi, que o aproveitamos para algunhas das cousas pendentes… Como por exemplo, non madrugar en absoluto!

En primeiro lugar, Hyde Park. Dende a esquiniña de arriba á dereita, no Speaker’s Corner, e baixando cara o lago. Aló arriba, ao comezo do paseo, está o Marble Arch, do que limos que estaba pensado que fora a entrada do palacio de Buckingham, pero no puido ser porque a Raíña non cabía por el. Vaia, non a Raíña en sí, senón o seu carro, claro. 

Sigue lendo