Arquivos mensuais: Maio 2009

The Bell

Pensando onte ao escribir a nota do día do Orgullo Friki, pensei irremediable e irremisiblemente en que cousas me definirían a min para ser friki. Si, que cousas ten o pensamento! Entre comics, ordenadores e libros de ciencia ficción, pensei na música que me gusta.

Non se pode dicir que o rock que me vai (Queen, Bruce Springsteen, M-Clan, Fito…) sexa moi friki, pero mira ti que acordei en que o primeiro CD que tiven foi de Mike Oldfield. Pode que moi friki non sexa, pero tampouco se pode dicir que sexa moi normal, non? A cantos dos presentes lles gusta a música de Mike Oldfield? Vaaaale, máis dos que pensaba. Cantos tedes máis de 15 discos seus? Xa me parecía que non erades tantos… Se cadra algúns só o coñecedes porque tocou despois de The Corrs, naquel concerto da Fin do Milenio, o 31 de xullo de 1999 en Santa Cruz. Sí, aquel do que non se sabe a ciencia certa cantas persoas había, se 100 ou 50.000. Eu era un, hehe! Por certo, digan o que digan, o tipo é un bo guitarrista, aínda que só sexa no seu estilo. Hei de confesar que desde Tr3s Lunas lle perdín un pouco a pista, coido que se lle foi a pinza cantidade, e deixou de gustarme. Así volvín ao rock, e como agora ando medio metido no soul, pois non dei regresado a Mike. 

Pois nada, velaquí outra cousa que aprendedes de min! Como xa teño unha categoría de cousas frikis no blog, e outra de música, pois que non se diga, imos poñer unha canción de Mike Oldfield que me gusta bastante (e hai unhas cantas así), e deixamos a frikeza para outro momento. A canción titúlase The Bell, e é do disco Tubular Bells II. Polo visto hai como 5 ou 6 versións diferentes, variando os instrumentos presentados e o presentador dos mesmos. Déixovos aquí a do disco que eu teño, e se iso outro día sigo poñendo cancións deste tipo. Polo de agora, desfrutade destes máis de 6 minutos a toda caña, que é como se disfruta, e tratade de diferenciar os instrumentos na melodía.

[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2009/05/07-the-bell.mp3]

Orgullo friki

Acábome de enterar de que onte foi o día do Orgullo Friki (páxina na wikipedia, como non podía ser doutro xeito). Que me acabe de enterar debería darvos unha idea do friki que son… Por se alguén cre de min máis do que son, hehe. Polo visto, o tema este do orgullo friki celebrouse por primeira vez o 25 de maio de 2006, coincidindo coa estrea da película Star Wars: Unha Nova Esperanza. Ademais, polo visto coincide co Día da Toalla, que non sabía nin que existira.

Vale que para todo teña que haber un día, coido que non está de máis que de cando en vez paremos a pensar nalgunhas cousas, aínda que só sexa un día ao ano. Que conste que a min me lembran moitísimo a aqueles bos días temáticos que tiña cando era pequeno no colexio. Por certo, un dos maiores inconvenientes que lle vía a toda esta axenda de días internacionais e días de orgullo e etc., a dificultade de lembrar cando son, xa non é tanta, a dicir verdade, co estendidos que están agora os calendarios online, con todo isto do facebook, o windows live e demais alternativas en Mac e Linux.

Esperemos que non nos superen todos estas axendas internacionais, e que sexamos quen de lembrar que frikis somos sempre… e estamos orgullosos sempre!

http://www.youtube.com/watch?v=jqLPHrCQr2I

PD: O Día da Toalla, por se volo preguntabades, tamén ten páxina na wikipedia. Ven da Guía do Autoestopista Galáctico, de Douglas Adams. Celébrase dende 2001, pois se convocou por primeira vez dúas semanas despois da morte do escritor da Guía.

Big Bang

Esta temporada vai de resaca de series, polo visto. Se hai uns días revisitaba Lost, hoxe tócalle a The Big Bang Theory. Porque eu cría que a canción era da serie… pero non! Seica é dun grupo con páxina en Wikipedia (Barenaked Ladies, se iso di algo do seu caché), e polo visto ten máis letra que a que se escoita na serie… E non a vou traducir, me pillades un pouco preguiceiro hoxe!

http://www.youtube.com/watch?v=-a8MguIMmCI

Sigue lendo