Arquivos diarios: 10 Xullo 2009

A música, une

O outro día atopei nalgún blog este vídeo que vos presento hoxe (está claro que teño un problema para citar as fontes dos meus posts). Polo visto, en www.playingforchange.com tratan de demostrar que a música une. O que fan é coller unha canción, e ir gravándoa con distintas voces e por distintos lugares do mundo.

Definen o proxecto como un “movemento multimedia creado para inspirar, conectar e traer paz ao mundo a través da música”. Nada menos. Parten da creenza de que a música pode coas fronteiras e as distancias que separan a xente, sen importar as orixes xeográficas, políticas, espirituais ou ideolóxicas. “A música ten o poder universal de trascender e unirnos como unha única raza humana”. Dende esa premisa, construíron un estudio musical móbil, e hala! a gravar cancións polo mundo.

Aquí tedes a súa versión de “Stand by me”, de Ben E. King (e teñen máis na súa páxina).