Comeza Xuño

Así é, comeza o mes máis estresante do ano. Adoita ser o mes do solete, do San Xoan, do comezo das vacacións (para case todos, non me refiro só aos estudiantes). Pero para min, dende hai tempo é o mes estresante por excelencia. Por todo iso de antes, precisamente, e porque nese solete e esa época de “fin de curso” coinciden os exames finais, as preparacións dos campamentos, a organización das vacacións, e o fin dos horarios de pasear e tomar algo (pois agora toca ir á praia, claro!).

Por todo ese estrés, velaquí algo para alivialo. E coido que o vou deixar permanente, por se me pilla un día de necesidade!

PD: Esta era a que che ía dedicar o outro día, pero non cuadrou ben. Agora, co comezo do mes “final”, aquí cha deixo, todiña para ti.

Un comentario en “Comeza Xuño

  1. María

    Pois en nada xa remata… non te vexo moi activo nisto das actualizacións do blog… ah! vai ser porque rematas a carreira!! Como din por aquí “beato te!!”, que é como dicir “carallo, qué sorte que tes!!” Moito ánimo que xa non te queda nada. Un biquiño!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.