Ben, o certo é que xa volvín hai semana e media, pero… Sónvos un preguiceiro de coidado!
Nestas semanas que estiven “fóra” non hai moito que contar, salvo…
… que o pasei moi ben en Tenerife, moi bo tempo (cando en Coruña chovía…), o hotel foi un auténtico “lujazo”, e o Teide e a montaña tinerfeña, moi ben, gracias. Gustoume moito a paisaxe do Teide, coa coroa de árbores no medio da subida. E gustoume moito que o coche que alquilamos para movernos por alá, un Fiat Panda canijo de todo, tivese aire acondicionado. ¡Tiñades que ver que diferencias de temperatura ao saír do coche! Un día fomos tamén ao Loro Parque, o “must” de Tenerife, como dicía a publicidade. Tamén me gustou moito. E os libros que lin nas 8 horas diarias que pasabamos na praia (sen comer sequera, como o bufete do almorzo e da cea era tan “aspetacular”! ¡Que enchentas de papas arrugás, miña naiciña!)
En fin, vouno deixar estar, porque non teño nada malo que dicir destas vacacións das que desfrutei, porque o malo foi regresar o luns pola mañá e ter que ir traballar pola noite, e isto xa non serían vacacións.
E agora por aquí ando, coa festa do danetti en perspectiva, e “formando” a dous compañeiros que han vir traballar canda nós no choio. Isto é un non-parar de xente no Uficor. Preocupado, e bastante, porque aos avións lles dea por non voar a partir de agora (e non é unha broma en absoluto). E curioso ante a perspectiva de que chegue a pasar o que augura un español (manda chover na Habana!) co Gran Colisionador de Hadrones (LHC nas súas siglas en inglés) do CERN: disque din que aí contra o 10 de setembro se creará un burato negro estable no LHC en cuestión.
E nada máis, que estou no traballo e non podo estenderme máis rato. Perdoade a velocidade das ideas e o sinxelo do informe das vacacións. Prometo ser máis expresivo de aquí en diante. Xa falaremos, un saúdo!!
Jo! qué bajón! Y lo peor es que tengo un examen justo al día siguiente y me voy a pasar el último mes de mi vida estudiando mecánica de fluidos para nada. Me cundía saber si lo del agujero negro es verdad y así dejaba de ir a empresas a chapar, jej.
…Tenerife… mmmm (en plan Homer, jej) Vaya vacaciones… no les faltó de nada, bueno, igual sobraba un poco de niebla cuando aterrizamos en Santiago.
A seguir actualizando. Bicos!