Se hai algo que me guste, me sorprenda e me resulte particularmente complicado de entender por completa, iso é a música. Non sei onde foi que lin sobre o oído absoluto, esa capacidade identificar unhanota polo seu nome, ou producir exactamente esa nota, sen empregar unha nota de referencia. E quedei flipado, naturalmente.
Pero é que a música é ciencia, mira ti por onde, e resulta que alguén pode facer que as persoas adiviñemos como sona unha nota sen dicírnolo antes. Neste caso, trátase dun xogo coa escala pentatónica que fixo Bobby McFerrin (aquel do “Don’t Worry, be Happy”) no 2009 World Science Festival que tivo lugar en Nova York o mes pasado, a xeito de lección de música. Resultoume sorprendente que o público se anticipase á intención de Bobby McFerrin con tanto xeito, e tan afinados!
Por explicalo un pouquiño, dicir que entre as 7 notas “naturais” dunha escala cromática (de Do a Si), existen (ademais de 2 semitonos entre mi-fa e si-do) 5 tonos (entre do-re, re-mi, fa-sol, sol-la e la-si). Estas cinco notas (os sostenidos de Do, Re, Fa, Sol e La) configuran por si mesmas a escala pentatónica máis coñecida. Disque é propia de culturas asiáticas, e polo visto abonda con practicar tocando únicamente as teclas negras dun piano para que a melodía resultante teña un aire inconfundiblemente oriental.
Velaquí o vídeo desa pequena lección de música.
Visto en | maikelnai’s blog