Diario de Viaxe (II)

Solucionado o problema de durmir dúas persoas nunha cama de 80. É sinxelo cando en lugar de un único colchón tés dous, e espacio abondo no chan para poñelos (ben xuntiños…). Mágoa que María non adoite almorzar, porque así comecei o día con bastante fame… unha vez me pasou a fartura da cea do día anterior, claro. Neste primeiro día, o programado era visitar Génova, e viaxar até Florencia. Pois nada, alá nos fumos. 

Baixamos de novo ata Piazza dei Ferrari, onde ceamos o día anterior. É a foto esa na que saio ao lado dun señor nun cabalo. Alí en Génova, hai moitos señores en cabalos, en case tódalas prazas, así que non as empreguedes como referencia cando vaiades aló. Na Piazza de Ferrari esta teñen unha fonte redonda, que, hei de recoñecer, é máis bonita que a de Catro Camiños. ¡Non se pode ter todo! Foi curioso atoparse cunha manifestación en protesta pola reforma educativa que propón Berlusconi. Un lío, a verdade. A mesma manifestación nola atopamos máis tarde, noutra zona da cidade. Nalgún momento, parecía que até nós estivesemos de folga!

Dende Ferrari collemos pola Galleria Mazzini, que é unha rúa de tendas, pero cuberta por unha cristaleira, moi bonita, a verdade. Hei de dicir, que nin tendo as rúas cubertas os italianos son quen de telas limpas. É unha observación persoal, que ninguén se me enfade. A min gustoume a galleria, non minto. De Mazzini nos metimos por Garibaldi, que é a rúa (a via) dos museos… Ou mellor dito, é unha rúa digna de ter nun museo. Non lembro exactamente que tipo de categoría tiña, pero era como de patrimonio da humanidade, ou algo así. Aquí un vídeo, que non fixemos nós.

Até chegar á Piazza della Annunziatta non lembro moito máis, por dúas razóns: 1º coido que non había moito máis salientable polo medio, e 2º (e máis importante) foi alí onde paramos a mercar algo de almorzar. Mmmmm! Focaccia! Así foi, sentamos nas escaleiras da Igrexa da Annunziatta, e almorzamos un pouco! E que ben sentou! Xa repostos (eu alomenos), entramos na Igrexa, que é moi bonita, e ten os teitos pintados. Vale, sei que iso é o habitual, pero por aquí non se ven moitos sitios onde, en lugar de estatuas, pinten as figuras en 3D. Pois por alá é así: que non lles chegaba para decorar a fachada da casa, pois nada, o pintamos así cun pouco de perspectiva, e listo! Os resultados, resultóns. Nalgúns sitios chegas a dubidar de se está pintado ou hai relieve de verdade.

Seguimos movéndonos, esta volta cara arriba: o destino era o Castello d’Albertis. Por aforrar o ascensor, que o hai (porque se agotaron as pilas da cámara e houbo que mercar unhas novas), decidimos subir camiñando, pois ía bo día e se supuña que o camiño estaba marcado. Só acertamos no do bo día. Tras coñecer a unha señora moi maja (e moi anticomunista, como chegamos a descubrir na conversa que María mantivo con ela) que nos abriu unha porta para acortar camiño privado, nos perdemos un par de veces. Pero chegamos, ao cabo chegamos. Para atopar o castelo… pechado. Non a parte pública, vaia, o xardín e tal, pero o museo do castelo, sí estaba pechado. Vistas moi bonitas e moi recomendables (aínda que pode que sexa mellor que collades o ascensor para chegar alá, e seguro que o castelo tampouco ten tanto!).

Na baixada, vista moi rápida do Palazzo Reale, e tomamos en dirección ao porto. Alí xa me apuntei que teño que ir ver o acuario. E María me indicou onde está o Banano-Tsunami, que é un antro onde podedes atopar de todo. A min non me levou alí! Pero xa había fame, e nos metemos pola parte do casco vello cara un sitio onde tomar algo. De camiño, a Porta dei Vacca, o Palazzo San Giorgio, e a Catedral (a foto onde aparecen dúas fieras), na vía San Lorenzo, onde xantamos. Hai alí unha focacceria de impresión, oes! De postre, un xelado, como non podía ser doutro xeito. Na cremeria delle Erbe, na Piazza delle Erbe, onde podedes atopar a Maria case con toda seguridade os venres pola noite, nese mesmo bolardo no que sae na foto. Mmmmm, xelados!

E por hoxe, nada máis. Despois do xelado xa subimos de volta para casa, que había que facer as maletas para coller a tempo o tren para Florencia. Pero claro, se o camiño te leva por fotos, hai que tomar as fotos axeitadas. Así foi como paramos na Casa de Cristóbal Colón (que é moi pequena, Cristóbal non debía de ser moi grande; é a da fachada coas bandeiras), no chiostro di San Andrea, na Porta Soprana (impresionante) e na Piazza Dante, na que hai moitísimas motos aparcadas. Como para esquecer como é a túa! Se hai algo que me chamou a atención de Génova, como cidade, é que está feita en niveis. Podes ir baixo unha ponte, ou baixo un soportal, pensando que enriba hai unha casa, ou algo así, e trabucarte completamente, porque en Génova, é moi probable que por riba desa rúa haxa outra rúa. Cousas de vivir na ladeira da montaña, apretuxado contra o mar!

Da viaxe a Florencia, só unha queixa: “Hay mucho retardo”, que eu pensaba que dicían, cando estaban dicindo “Annunzio ritardo”, na estación de Brignole. E así foi, unha hora de retraso para chegar a Pisa, onde enlazabamos con outro tren antes de chegar a Florencia. Vale que o retraso foi porque ía mal tempo e rompera un cable dos que dan enerxía ao tren, pero ei! Nós tiñamos que chegar a Pisa a tempo! Menos mal que Florencia é unha cidade grande e está ben comunicada.

A Florencia chegamos ben, sen complicacións, pero un pouquiño tarde (eran arredor das nove da noite), así que para cear non tiñamos moito tempo e nos metimos nun fast food. Italiano, iso sí, pero nun fast food. Imperdoable. Por sorte, resarcímonos no postre. Adiviñades? Premio! Un xelado estupendo para rematar un día estupendo! O hotel, xenial. Nas vacacións compartidas anteriores, con excepción do exceso de Tenerife, nunca nos tocara unha habitación tan chula un hotel tan chulo. E agora tamén María está de vacacións! Xa ningún dos dous coñecemos os sitios por onde nos temos que mover!

PD: Máis información fotos sobre este mesmo día (e parte do de onte) no blog de María

Un comentario en “Diario de Viaxe (II)

  1. María

    Es una pasada la memoria que tienes (para algunas cosas)!! “Annuncio ritardo”… qué bueno imaginarlos a la pobre de la señora encerrada en su oficina, rodeada de papeles y con mil teléfonos sonando gritando por los altavoces “hay mucho retardo, hay mucho retardooooo”, jej. Pobre! Bueno, pobre ella y los que tenían que viajar sentados en el suelo del pasillo, todavía no sabemos por qué… Gran fuente la de Piazza De Ferrari, aunque por lo que me dijeron el agua está bastante fría… ya os contaré porque por lo visto es tradición bañarse en ella cuando acabas el Erasmus en Genova. Y las manifestaciones… nos partíamos con los sloganes, muy imaginativos. Hoy hay macro-botellón en De Ferrari para protestar por la reforma educativa. Hay que tomar nota para España: menos cortar Alfonso Molina y manifestarse delante del Gobierno Civil, y más hacer botellón y montarla de verdad. “QuEsebtere zzzapatro cmOo ns lass gstAMos lostudiabtes!!”, jej. Bueno, para ser un comentario ya es bastante extenso ¿no? A ver si les ponemos a los demás los dientes largos y os venís a hacer una visita.
    PD: Acordaos del bañador para De Ferrari

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.