Diario de Viaxe (III)

Comezou este terceiro día de viaxe cunha agradabilísima sorpresa… ben, dúas. A primeira foi descubrir que funcionaba, e daba auga quentiña, quentiñaa, a ducha do cuarto de baño da nosa habitación (fago esta especificación porque en París non houbo tanta sorte, e non había ducha na habitación… tampouco cuarto de baño). A segunda e máis importante, foi que o almorzo do hotel era xeniaaaaal. Panciño, croasán, manteiga e marmelada, chocolate ou café, e zumo de laranxa. Así que collimos forzas e nos lanzamos a descubrir Florencia, mapa e guía de viaxe en man, e cámara de fotos na súa funda, no cinturón, dispoñible para cando sexa requerida.

Primeira parada: Galleria della Acaddemia (moi pero que moi pretiño do hotel), hai que ir visitar a David. Ao famoso, que por Florencia adiante hai alomenos dous máis. E a verdade, hai que recoñecer que o Michelangelo traballouno ben; cabezón e cunhas mans enormes, pero quedoulle ben curriño. Hai alí mesmo, no pasillo que dá á estatua do David, outras “probas” de Michelangelo, do rapto das Sabinas, se non lembro mal. E tal parece que a xente está tratando de saír do bloque de mármore! Se tedes sorte, vos coincide como a nós, que na última sala do último piso, había unha moza ensaiando no clavicordio (?) que teñen alí exposto. E sonaba moi ben!

Da Galleria seguimos para o outro grande evento programado do día: o Duomo, a súa piazza e os arredores. Polo camiño, paramos na Piazza della Annunziatta, onde tamén hai cousas que ver, e aí case comeza a chover. Pero tivemos sorte e foi que non. A mala sorte foi que na Igrexa da Annunziatta estaban celebrando misa, e non puidemos entrar a vela. Sen problema, quedan moitas cousas que visitar… 

Chegamos á Piazza do Duomo a media mañá, e tiramos alí un bo rato, antes de ir xantar algo ao a San Lorenzo, a que sería a nosa vindeira parada. Que que vimos onda o Duomo? Tooooodo! En primeiro lugar, entramos na propia basílica, para ver a cúpula dende abaixo. Ben, a cúpula, e os chans, e as columnas… (Todo sen facer fotos, claro, “no photo, no photo!”).  Ao saír, volta á Basílica, que é case tan bonita por fóra como por dentro. E nos fixemos fotos en cada esquina, por suposto. Velaí unha, coa cúpula ao fondo e en primeiro plano a moza máis guapa que me podía acompañar (… que é á que estou agarrando!).

Deixándonos de peloteos, sigamos coa crónica. As seguintes fotos tomámolas fronte o Campanile, que é o campanario do Duomo, pero non está no propio Duomo. Concluímos que é así porque, como te cobran por entrar en todo, así poden cobrar máis. Máis fotos, agora nas portas do baptisterio de San Xoan, que polo visto son famosas, ademais de douradas. Pero todas estas liñas son retrasar o inevitable, porque se hai algo que recordaredes despois de ir a Florencia, ao Duomo, é subir á cúpula. Son 464 escalóns (sen contar os da entrada dende a rúa), de sentido único (alomenos na meirande parte do percorrido, máis nada porque non podería ser doutro xeito), pero rematan nunhas impresionantes vistas de Florencia e o Arno. Velaí unha panorámica que tomou María (picade nela, porque se non non ides ver nadiña)… E non digo máis, para que vos queden gañas de ir. Pero iso si, levade ben suxeitas as lentes de contacto, non coma min, que me caeu unha aló arriba, e paseinas canutas para poñela de novo sen que saíse voando!

Ao baixar, tocaba comer, coma dixen antes, así que marchamos en dirección a San Lorenzo, onde, sentados nas escaleiras da igrexa, xantamos moi ben, como non podía ser doutro xeito tras atopar un forno en condicións, non os típicos sitios para turistas. E de postre, xelado. 

Continuamos a rota tirando cara Santa María Novella, onde o máis bonito seguro que era a praza de diante da Igrexa, pero estaba en obras. Non vos perdades, que esta Igrexa é probablemente o primeiro que vexades ao saír da estación do tren. Nós non a vimos o día anterior! Volta para atrás, pois xa non había máis que ver naquela dirección, visitamos a Piazza della Republica, cun carrusel que moito gustou a María, e despois fumos cara o río, e atopamos o Orsanmichele, unha capela pequeniña e moi bonita. A casa de Dante, foi o seguinte destino, e logo pisamos por primeira vez (de varias) a Piazza della Signoria, onde está o Palazzo Vecchio e a entrada á Galleria Uffizi. De alí ao Arno, para asombrarnos co Ponte Vecchio (e co anuncio dunha representación dun musical sobre Don Bosco, jeje). Un paseíño pola ponte mellor aproveitada que vin na miña vida (que de xoierías!), e a descansar un rato no hotel antes de baixar a cear. E descansar, descansamos… con dicir que quedamos durmidos!

No hotel nos recomendaron un sitio onde cear, e aproveitamos que era pola zona universitaria (sempre sairá máis barato, pensamos) para probalo. Non nos defraudou, que repetimos ao día seguinte. Ensalada, pasta e de postre… Non, esta vez o postre non o tomamos alí. Volvemos baixar até San Lorenzo, porque ao quedar durmidos xa era bastante tarde e estaban tódalas gelatterias pechadas! Pero si, de postre, xelado! E volta para o hotel, que parece que quere chover, e a noite está estraña, por aló celebran un pouco raro o Halloween! Veña, a descansar, que aínda hai que ir ver nacer á Venus!


PD: para máis datos (ou alomenos mellor ordenados), visitade este peazo de blog. O do rapaz cabroncete que dicía eu nese blog ía por un inglés, ou alemán (vai ti a saber), que andaba xogando cun cordel a ver se era quen de enganar a unha pomba e pillala co cordel por unha das patas. A broma deixou de selo cando o tipo o conseguiu, pillou o ave, e a pomba non se deixaba coller (parva non era!). Así que marchou voando co cordel na pata, e o rapaz presumindo cos pais, e estes ríndolle a gracia. Que eran os meus pais e o que menos me daban era unha colleja!

Un comentario en “Diario de Viaxe (III)

  1. María

    Hola chico!
    La verdad es que no sé por dónde empezar a comentar… bueno sí, el DESAYUNOOOO, Mmmmmm, pasteleeeees (momento Homer Simpson) qué pasada! Sin duda unas vacaciones gastronómicas, me llené de bollería, pizzas, helados… que aunque parezca mentira viviendo en Italia no disfruto tanto de estas cosas como debería, una porque no tengo mucho tiempo para turisteo, y dos, porque mi beca de 135€ al mes de la universidad no me permite darme muchos homenajes… bueno, dejo de lloriquear… y sigo pensando en el DESAYUNOOOO, Mmmmm… jej.
    Sí que fue un momento mágico estar en la galería de la academia viendo cuadros del renacimiento y escuchar el clavicordio, parecía que hubiésemos viajado en el tiempo. Y el Duomo impresionante, yo de ratilla que no quería pagar los 6€ por subir y después valió la pena, sin duda.
    Y cuando vimos el cartel de Don Bosco… nos acompañó todo el viaje, que luego también lo vimos en Venecia!
    Sí que da para recordar este viaje que ya hicimos cada uno una crónica y unos cuantos comentarios… Nada, en unos meses hacemos otro viaje y cambiamos de tema de una vez!
    PD: Si que dió para mucho el viaje, ahora mi hermano está haciendo un trabajo sobre Brunelleschi y está aprovechando nuestras fotos. Esta Maica va a flipar, jej.
    Bicos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.