Diario de Viaxe (VI)

Diciamos onte… Perdón aos meus seguidores por este pequeno parón no meu diario de viaxe, entre o traballo oficial e o oficioso non saquei tempo para ordenar os guións destes días que me restan para rematar a crónica da miña expedición por terras italianas e cántabras. Síntoo! Podedes ver, se queredes, o resultado dese traballo oficioso aquí (eu fixen a aplicación de votación, os deseños son cousa de outros). Pero vaia, que estabamos en Venecia, a día 3 de novembro…

Ao erguernos no primeiro (e último) día completo en Venecia, descubrimos que o almorzo neste hotel era aínda máis estupendo que o de Florencia: zumos, chocolate e café, pan tostado, croasáns, biscoitos, cereais, iogures, marmelada, queixo de untar… O que tal almorzamos!! E porque iamos con présa, que xa vos adianto que para o día seguinte aínda almorzamos máis!!

Pero vaia, que hoxe a crónica do día vai facer xustiza ás fotos que sacamos. A cousa é que en Venecia en todas partes hai cousas que ver, e que como é unha illa, non é moi grande tampouco. Se me poño a dicir todas as cousas que vimos, ao ritmo que vin facendo estes días, esta entrada ocupa máis espacio do que o wordpress aguantaría. Así que mellor o fago en base a fotos e á propia historia que escribiu María, que para máis referencias sobre Venecia, podedes consultar internet e a wikipedia. Por outro lado, a ver se son quen de explicarme sen falar, jejeje! Veña, alá vou.

O percorrido comezaba ó lado do noso hotel, no Almacén dos Turcos, que fora a sede da representación comercial otomana en Venecia, e que é hoxe en día, Museo de Historia Natural da cidade. Logo seguimos ata Ca’ dOro, o Palazzo gótico-veneciano máis famoso da cidade…

Camiñar por Venecia é atopar verdadeiras preciosidades de edificios. O malo é que as fachadas bonitas son as que dan aos canais. Na foto, a fachada do Ca d’Oro, hoxe un museo como tantos outros na cidade. Que se aprecias a arte, de seguro prefires entrar e ver todo o que alí teñen. Eu querería só ver o propio edificio por dentro, pero non quero pagar por iso (alomenos non tanto como piden!). E para iso, cómpre organizarse ben…

… logo as igrexas de Santos Apostoles, Santa Maria dei Miracoli, Santos Giovani e Paolo, Santa María Formosa e San Zaccaría. E camiñando, camiñando, chegamos outra vez ata a praza de San Marco, e puidemos facer máis fotos, esta vez sen néboa. 

E todo cousa de camiñar, e parar nos lugares que te apeteza. Así é como se desfruta o turisteo. Non é cousa de “consumir” destinos. Hai que desfrutalos, e parar, e saber deles. Así fixemos en San Giovanni e San Paolo, que nunha mesma praza ten unha igrexa e un hospital. Cousa que non creerías, de pensar nos estándares españois para os hospitais. Ah! Outra cousa de Venecia: as góndolas son moi caras (80 euros), pero facerse fotos con elas é gratis (alomenos cando non está o gondoleiro á vista!).

… chegou o turno da Igrexa de Santo Stefano, e cruzando o Gran Canal por Ponte Accadèmia chegamos a Santa Maria della Salute, que ten este nome en agradecemento pola salvación da cidade da peste de 1630.

E seguimos camiñando… Ca’ Rezzonico, Palazzo Grassi, Ca’ Foscari, que é a universidade de Venecia, e Santa Maria dei Frari. Foi nesta praza onde paramos a comer, porque ó estar preto da universidade, había moitos sitios baratos para comprar pizza al taglio.

A segunda foto é nas escaleiras de Santa María della Salute, nunha das esquiniñas da illa grande. A Universidade de Venecia, igual que a cidade, ten un aquel romántico, alomenos por comparación coa universidade da Coruña, que é a que coñezo. Chamounos a atención a celebración das laureas e doutourados, publicitada con cartelóns enormes e moi simpáticos do afortunado estudiante, pero iso xa o comentei no blog de María (que vago estou, non?). Encantoume unha vista de San Giorgio, dende a ponte que hai xusto enfrente da Ponte dei Sospiri, alí en San Marco. Fixemos unha foto panorámica moi chula, aquí está. Por certo, que despois da pizza non perdoamos o xelado!

… E seguimos camiñando… Ca’ Rezzonico, Palazzo Grassi, Ca’ Foscari, que é a universidade de Venecia, e Santa Maria dei Frari. Foi nesta praza onde paramos a comer, porque ó estar preto da universidade, había moitos sitios baratos para comprar pizza al taglio.

Como a illa é moi pequena, eran aínda as dúas da tarde e xa tiñamos vistos todos os palazzos, igrexas e prazas que viñan na guía, así que voltamos á zona do hotel para visitar o Gheto Xudeu. Vimos a Sinagoga, a Casa Israelitica di Riposo, o Museo do Pobo Xudeu, tendas típicas… ¡e eran todavía as tres da tarde! Así que adicamos o resto do día a comprar comida típica para levar de recordo, e a pasear sen rumbo entre os canáis para descubrir as zonas máis escondidas da cidade.

Velaquí un par de mostras: pontes fermosos en canais sen beirrúas, e pasadizos aos que chegas coa man estirada. Se remato tan axiña é porque de verdade, non podo facer un relato detallado deste día, ou me medraría vos barba antes de rematardes de ler o artigo. O mellor é que vos collades un voo a Italia, e alí xa apañades. Quedaríame a última anécdota da viaxe. Despois de rematar a visita “oficial” da cidade, e de esgotar as cousas para ver, aproveitamos para que eu fixera unhas compras e poder traer comida italiana (queixo parmesano!). Pois ben, ao volver para o hotel, camiñamos até o final da rúa que está ao lado do canal da Ponte de Tre Archi. A rúa en cuestión remata na lagoa, non dá a ningún lado. Nun alarde de gracia quixen achegarme ao borde, pois había alí un paisano cunha caña de pescar, e eu non cría que houbera peixe. A miña torpeza (da que non falei demasiado nestas crónicas, pero que me acompañou toda a viaxe) fixo que esvarase na baldosa, e que case marche ao auga, comida italiana, fotos e todo incluído. E grazas a que me agarrei a María non caín, o malo foi que ademais de acusarme de querer tirala, tiven que aguantar as súas bromas toda a noite!!

 

PD: Díxente que xa teño gañas de volver coa mesma compaña?

Un comentario en “Diario de Viaxe (VI)

  1. María

    Ola rapaz!
    Por fin unha nova actualización!! ¿cántos días levabamos xa en Venecia? Dende o 23 ó 27, jolín!… ogalla fose así, pero non, foron sólo 3 días e dúas noites.
    É verdade que Venecia é preciosa, camiñar xunto ós seus canáis, pararse nas súas prazas ou campi, visitar os seus palazzos, ver as góndolas… pero o mellor, o mellor de todo… os brioches do almorzo, mmmm, e ese biscoito con pasas e azucre… Jolín, temos que voltar, e temos que ir sempre a ese hotel… menudos almorzos!!
    A verdade é que non teño moito máis que dicir deste día, vimos moitos sitios, fixemos unha morea de fotos… xa está todo contado nos nosos blogs.
    Coincido contigo en que estou desexando voltar, pero como tí xa dixeches, sempre que poida repetir compaña!
    Bicos e ata mañá (porque aberá actualización mañá ¿non?… jej)
    Chauuu!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.