A actualización de hoxe, telegráfica. Toca falar do regreso dende Génova, vía Milán, Madrid e Santiago, até Coruña. Todo o día viaxando… Despois dos miles de quilómetros feitos durante a semana anterior, seguindo esa ruta triangular do mapa (máis ou menos).
07.30 hrs:Toca erguerse, ducharse e pechar a maleta. Non hai almorzo, así que baixamos sen máis, que María me acompaña á estación. Non me dá tempo de despedirme dos compañeiros de piso de María. Xa os despedirei a vindeira vez que os vexa… Baixamos camiñando, porque vai bo día e imos con tempo, e así paramos nunha focacceria para coller algo de almorzo para min.
09.00 hrs: Estamos en Brignole, para coller o tren a Milán ás 9:10 hrs. DNon me gustan as despedidas, e tratamos de retrasar o momento o máis posible. Ademais de estraña, é unha sensación bastante triste. Así que tratamos de pasar o rato o máis rápido posible: “xa estou aquí, agora o tren xa sae, xa podes marchar, non esperes por min…” Sen éxito ningún. No tren teño que controlarme para non rematar o libro que levei para os ratos mortos (e de viaxes) deses días, que aínda queda moita viaxe polo medio.
10.50 hrs: Chego a Milán Centrale, e busco rapidamente a saída para coller o Shuttle até o aeroporto de Malpensa. Todo é tensión sobor de se chegarei a tempo?, trabucareime de terminal no aeroporto?, terei algún problema coa maleta?… A viaxe, é longa e pesada, e quedo durmido varias veces, ningunha demasiado profundo. Iso só é permisible viaxando con alguén coñecido!
12.00 hrs: Xa estamos no aeroporto de Malpensa. O meu voo sae ás 15.10 hrs, así que teño ben tempo. O primeiro, localizar o mostrador de facturación. Localizado, e aínda non está aberto. Aviso na casa de onde estou xa, e as horas previstas, e chamo a María para que me dea conversa, un ratiño nada máis, que me aburro! Paseo polo aeroporto, para controlar onde xantar, e me dá a hora de que vaian abrir o mostrador de facturar, así que me poño a facer cola. Durante a mesma, remato a focaccia de Génova, que fun comendo a cachiños no tren e mailo bus.
13.00 hrs (aprox.): Facturo a maleta sen exceso de peso, e sendo a envidia do resto de españois da cola, que debían ser unha viaxe de axencia, e levaban quilos e quilos de exceso. Tócalles pagar, jeje. Decido ir xantar ao Spizzico do aeroporto: será comida rápida, pero alomenos italiana. E teño sorte, que me dan unha pizza acabada de saír do forno (por primeira vez). Só na mesa, como a todo comer, non vaia ser que me estenda demasiado e perda o avión… Iso é o que pasa cando non estás afeito a viaxar só.
14.00 hrs: Baixo cara a porta de embarque, con tempo, para pasar sen complicacións polo detector de metais, e pensando andar polas tendas desa zona do aeroporto. Erro! Son todo tendas carísimas! E por riba teño que agardar moitísimo, porque non dan aberto para embarcar. Retrasos e máis retrasos. E descubro que no avión han vir cantidade de tiffosi da Juve, que xoga esa noite en Madrid a liga de campeóns. E xa empezaron a montala.
15.00 hrs: Embarcamos, e saímos rapidamente cara Madrid. Sen novidades nesta viaxe, agás os avisos das azafatas aos tiffosi máis verbeneiros. Acábaseme o libro, e opto pola música. Comezo a darlle ás patacas fritas que merquei dous días antes en Venecia, pensando xa nesta viaxe. Chegados a Barajas, non distingo a nosa terminal do resto, e penso que estamos a dar voltas e voltas polas pistas. Se case estivemos 20 minutos movéndonos, co avión xa no chan!
17.15 hrs: Saio á terminal 4, e de novo a buscar a porta de embarque do voo seguinte. No avión de Milán dixéronnos que xa estaba asignada, e vou cara ela, na outra punta da T4. Chego e descubro que non é a miña. Nun mostrador de Iberia, dinme que está ao lado da porta pola que acabo de entrar (uns 25 minutos antes) á terminal. O meu voo sae ás 18.45 hrs, así que busco un quiosco e merco algo de ler, e algo de beber. Vou para a porta de embarque e a agardar… Máis de unha hora de retraso para saír de Madrid a Santiago. Cousas pasan!
20.30 hrs: Chegamos a Compostela, despois de que en Madrid o piloto nos dixera que o retraso se debía a unha avería no avión. Queixas e pánico por parte dalgúns viaxeiros. Eu fíome, se me din que está amañado, créoos, isto é Iberia. E a xente queixándose porque non pode gardar a maleta de man preto de onde senta, ou porque a xente leva demasiadas maletas de man… Estes non foron nunca con Ryanair! En Compostela, agardando pola equipaxe, descubro que un vello amigo meu, o Pereira, veu no mesmo avión ca min. Conversa de 10 minutos para actualizarnos sobre as vidas de cadaquén, e ao saír á porta de chegadas, xa temos ás familias agardando por nós. Deica outra, Pereira! Bótanme unha pequena bronca por chegar tarde… Eu non tiven a culpa!
21.30 hrs: Xa estou na casa! Desfai maleta, bota a lavar a roupa sucia, reparte agasallos… E fai outra maleta, preparate para a viaxe da fin de semana a partir do día seguinte. Avisa aos compañeiros de viaxe… E chama a María: “a viaxe ben… váiseme facer moi raro espertarme sen ti… ai, deses xelados!… xa mañá falamos máis, tés o meu número?…” E para cama! Que ao día seguinte hai que madrugar mooooito.
00.00 hrs: Remata o día. Penso que teño moita sorte de ter feito a viaxe que fixen, e na compaña que tiven. Durmo soñando con máis viaxes, e coa mesma compaña… Por mooooooito tempo. Grazas, preciosa, por desfrutar destes días comigo!!
Ola rapaz!
Que pena que xa remataran as actualizacións desta viaxe, e todavía con 20 días por diante ata vernos en nadal… Sí que foi un dia estresante o teu, entre trenes, buses e avións, pero o bo é que a pesares de rematar a túa viaxe por Italia podías facer plans para a túa nova viaxe polo norte de España.
A min tampouco me gustan as despedidas, a verdade é que non foi o mellor momento desas vacacións… O bo é que de momento o que nos agardan son benvidas, alomenos ata o 12 de xaneiro, pero todavía quedan case dous meses para iso, así que non hai problema.
Gústame esa reflexión das 12 da noite, eu tamén desfrutei da viaxe, tanto polo que visitamos como pola compaña. Seguro que chegan máis excursións pronto. Acórdate de traer a tarxeta de 1giga, que xa non sabería viaxar con menos de 500 fotos!!
Bicos rapaz!