E chegou o domingo de regreso… Tantos días, e a verdade xa teño gañas de durmir na miña camiña e de deixar de erguerme e ter que pensar onde estou. Pero o certo é que o pasei moi ben, e aínda queda todo o día de hoxe por diante. Até a noite non remata a viaxe, non nos adiantemos aos feitos…
Como dicía, é o último día, e o de recollida, por tanto. Os que o día anterior quedamos en baixar a almorzar ás dez, nos vemos todos no hall do hotel e quedamos alí mesmo a almorzar. 2’5 euros, e un almorzo sinxelo, pero mellor que o do día anterior. (Mirando agora para atrás, estou comprobando a moita importancia que lle dou ao almorzo, verdade?). Despois, ou antes, no caso das persoas máis apañadiñas, recollida nos cuartos e pago en recepción. Con iso, as maletas para os coches, e foto finish. O día acompañaba para facer unha foto no paseo marítimo, coa praia de fondo… e saíndo, claro, todos cos ollos a medio abrir polo sol que incide directamente nas retinas dos máis fotosensibles. E por tarde que fose, case todos estabamos fotosensibles. E nada máis en Santander, reparto equitativo por coches, gasoliña para o depósito e en marcha! Oviedo, here we go!
Da viaxe de Santander a Oviedo, no coche de Pablo, só destacar a música. Dende aquí, recomendar a Vane para escoller a música de viaxe… se o que queredes é cortarvos as venas. Ou no seu defecto, ver cómo se lle hinchan a Pablo as do pescozo! En defensa de Vane, cómpre dicir que tamén a min me apetecía escoitar as versións orixinais das bandas sonoras das pelis Disney. Dixen! Parada técnica para evacuar, nalgún pobo perdido de Deus, con esquecemento da mochila no capó do coche cando iamos a rearrancar incluído.
E chegamos a Oviedo, onde a visita foi a un dos lugares máis representativos da cidade, en términos eslayeros, claro. A casa de Maese Valiño. Se ben é pequena (nunca tanta xente puido haber como no momento en que estivemos todos nós alí, nin tanta necesidade por minuto do cuarto de baño), está ben aproveitada, e é ben curriña. Tanto roce se facía un pouco incómodo (non había xeito de moverse sen lle pedir permiso a alguén) e baixamos a xantar, que xa era hora.
O Vali levounos a un sitio tirando a típico (o acento do camareiro era asturianu, asturianu), onde por segunda vez en toda a viaxe a terras cántabras estivemos toda a expedición á mesma mesa, e ao mesmo tempo. Coincidimos no almorzo, pero por mera casualidade xeográfica, xa que non temporal. Pero ben, falaba do xantar… Fabada, cabrales, pote… Unha boa paparota, en boa compaña, e con lembranzas de tempos pretéritos aos postres… Había ben tempo que eu non coincidía coa miña xente de sempre (non sei se o dixen algunha vez, pero con algúns levo medrando máis de 20 anos), e iso sempre se agradece. Pode que pase o tempo, pero por algunha razón, aínda que pase tempo sen que falemos uns cos outros, segues notando que cando volvedes a estar xuntos, nada cambia. Todos medramos e cambiamos, e nos separamos xeográficamente e profesionalmente, pero aí segue estando o pasado común, a confianza de moitos anos, o coñecemento duns e outros adquirido co tempo compartido. Todo este texto, para ver se facemos unha paparotada agora en Nadal, rapaces e rapazas!!
Eran arredor das 5 cando nos separamos de novo, primeiro deixando en Oviedo a Vali e Alejandra, e aos expedicionarios do coche de Manteiga, que aínda demoraban as vacacións un día mais. Despois, volvémonos separar os do coche de Nando e os de Pablo. E de alí, a Coruña. O cansancio venceume (varias veces) durante a viaxe de volta, e non dei moita conversación, nin teño moi nítido tampouco o traxecto na miña memoria. Deixáronme á porta da casa arredor das nove da noite, e aí rematou definitivamente a expedición que arrancaba o día 29 de outubro, 12 días despois, e miles de quilómetros percorridos.
Só me restan dúas cousas por dicir:
– O peor desta viaxe, porque no fondo houbo algo malo todo o tempo, foi sempre que o día seguinte deste do que falo é luns, e hai que ir traballar. Canto quedará para inventar as vacacións das vacacións? Que non se pode cambiar tan radicalmente de tercio… Así logo veñen as depresións e as crises…
– O ano que ven… SORIA 2009!!!
[audio:https://3w.miraunhacousa.es/wp-content/uploads/2008/11/04-since-you-been-gone.mp3]
(Esta foto, porque aínda ninguén me pasou as que fixemos o último día en Santander ou en Oviedo, e a canción, porque me gusta: Since you been gone, de Rainbow)
Me he leido todos los “capitulos” del diario de viaxe. El texto, aunque es amplio, es muy ameno y descriptivo. Ojala que el proximo año tengamos otro viaje parecido (y que no sea a Soria por dios!!!)
Jo!! último día… unha pena que rematara a viaxe, alomenos quedan un montón de recordos e anécdotas para contar ós postres dunha comida na seguinte viaxe.
Sinto que estes últimos comentarios sexan moito máis curtos que os anteriores, é que nos de Italia podía contrastar a información. Simplemente dicir que me alegro moito de que aproveitases tan ben estes días libres, que estudiar e traballar (pluriempleado) a un tempo non é fácil, e xa merecías un descanso. Moitos bicos, e o máis importante…
…VÉMONOS EN DÚAS SEMANAS!!!