Miniconto: Mala memoria

Houbo unha vez, soñei tres libros e pico. Deitárame sen sequera botarlle unha ollada ao libro co que argallaba daquela. Pero soñei tres libros e pico.

O primeiro, era curtiño, como para nenos. Contaba a historia dun rei moi bo, cun fillo gordo e outro delgado, e sobre como ao final todo estaba ben se cadaquén é coma é. Coido lembrar que era así.

O segundo deles era de ciencia ficción, de naves espaciais, batallas galácticas e alieníxenas disparatados. Realmente, ese non acababa ben, semellaba que formara parte dunha colección máis ampla. Esquecín bastantes partes da historia.

O pico foi entre o segundo e o terceiro, espertei con moita sede e me erguín a buscar un vaso de auga. Só sei que había peixes e outros animais mariños, coma nunha enciclopedia.

O ultimo tiña tapas cor de bronce… Agora que o penso, soñar, soñei algo, pero non me acorda que foi.

Total, que ao final, de tres libros e pico, só puiden escribir un hipercurto conto. ¡E aínda menos mal!

Un comentario en “Miniconto: Mala memoria

  1. María

    Ola rapaz, ¿que tal?

    Un conto moi chulo ¿foi co que gañaches os hipercurtos do ano pasado? Pois está moi ben, xa podías botarme unha man co conto de Mans Unidas que teño que levar esta tarde!!. Moito ánimo co resto da semana de turno, e sigue actualizando, que os teus fieis lectores xa estamos agardando unha nova entrega de “3w.miraunhacousa.es”.

    Falamos, bicos!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.